Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

María Arcos Cebreiro

"Tardaches en recordar..."

02/04/2019

"


Lembro o moito que chorei

 e lle roguei a Deus

 que non te levara con el.

Aínda non!

 Eu era demasiado pequena

 para perderte,

ti demasiado novo

 para deixarme.

Aínda precisaba o abrigo das túas apertas,

a dozura dos teus bicos,

os aloumiños dos teus versos.

Tiña moito que contarche.

Empezaba a falar!

 Tiñas moito que contarme.

Desexaba escoitar!

 Se partías

 iamos perder

 a nosa historia xuntos.

Tirado no medio da estrada,

golpeado e

 abandonado por

alguén sen corazón,

cuberto de neve vermella.

ficabas só.

 Unha parte de ti

unha parte de nós,

fundiuse,

evaporouse,

perdeuse para sempre, na xélida noite.

 Esqueceches quen eras!

 Esqueceches quen era!

Nin a primeira ollada no espello,

 te agasallou coa memoria.

 Tardaches en recordar,

 falar,

camiñar,

rir,

chorar,

............

pero venceches!

 Pouco a pouco recuperaches

 autonomía e identidade.

 En definitiva, voltaches á vida e

"Unha vida salvada

                       merece ser vivida

                                  con dignidade".


"

Arquivado en:
Colaboradores/as