Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Repositorio de experiencias

Manuel Esteban

"O máis valioso"

02/04/2019

"


Cando era neno, e a vida enteira cabía nun bambán

un día valía pouco máis que un patacón.

Quedaban moitos, tantos que a oferta

superaba con fartura á demanda.

Agora un día éche valioso como un sorriso,

ou como amor de verán.

Acaso dentro de pouco, co devalo da oferta,

     un día chegue a ser o máis valioso que teña.


"

Arquivado en:
Colaboradores/as