Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

O Dano Cerebral Adquirido

O dano cerebral adquirido é unha discapacidade provocada
por unha ferida ou lesión no cerebro.
A maioría das persoas que teñen esta discapacidade
sufriron antes un ictus, un traumatismo cranioencefálico
ou anoxia cerebral.

Un ictus é unha enfermidade que se produce cando o sangue
deixa de chegar a unha parte do cerebro ou non chega ben.
Ou cando rompe unha vea ou unha arteria do cerebro.

O traumatismo cranioencefálico pode aparecer cando unha persoa
dáse un golpe moi forte na cabeza por un accidente ou caída.

Sófrese a  anoxia cerebral cando a unha persoa lle falta osíxeno
no cerebro.

Unha persoa con dano cerebral adquirido pode ter
unha discapacidade física, psíquica, sensorial, ou varias ao mesmo tempo.

En Galicia hai 35.000 persoas con dano cerebral adquirido.

> Especial informativo COVID-19 <



Infórmate

26/09/2022

O CERMI celebra a mellora da protección penal das vítimas de accidentes de tráfico

Este mes entrou en vigor unha modificación do Código Penal que permite recurrir por esta vía ademais da civil.

23/09/2022

A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido

Profesionais da neuropsicoloxía e do traballo social de ADACE Lugo asinan este artigo para Consumer.

 

22/09/2022 | Lugo | Ourense | Santiago

Sesións informativas para presentar o servizo de asesoría xurídica

Van ter lugar en Lugo (26 de setembro), Ourense (3 de outubro) e Santiago (13 de outubro).

22/09/2022 - 09/10/2022 | A Estrada

FEGADACE e o centro de saúde da Estrada colaboran coa exposición 'Punto e seguido'

A colección de fotografías poderá visitarse de luns a venres do 22 de setembro ao 9 de outubro.

21/09/2022 | Santiago

Agurtzane Domingo súmase ás nadadoras de augas abertas #PoloDanoCerebral

A deportista donou a FEGADACE o trofeo que obtivo nunha travesía que coicidiu coa de Vilagarcía.

19/09/2022 | Santiago

Seis galardoadas e máis de 300 persoas correron e camiñaron #PoloDanoCerebral

A práctica totalidade vestiu a camiseta conmemorativa para subliñar a participación solidaria na proba.

Galería fotográfica #PoloDanoCerebral | 00:02:30

Carreira e Andaina #PoloDanoCerebral | 00:04:15

Proxectos

Cartel das Xornadas 2020

Xornadas sobre o dano cerebral adquirido

FEGADACE organiza xornadas que serven
para difundir o coñecemento entre distintos colectivos:
profesionais, familias, persoas con dano cerebral
e especialistas de distintos campos.

Descarga a nosa guía para familiares!

Esta guía orienta á familia sobre os dereitos
que teñen as persoas con DCA e os seus coidadores.
Tamén explica os recursos de apoio, atención
e rehabilitación aos que poden ir na súa cidade.

Punto e seguido. A vida despois do DCA

Curtametraxes e exposición de fotografías
que contan á poboación
a realidade que viven as persoas
con dano cerebral adquirido.

 

 

Axenda

Lun Mar Mi& Jue Vie S&a Dom

Prevención

ICTUS | 3F: Fala, Forza, Faciana

O ictus é a principal causa
do dano cerebral.
Cómpre identificar rapidamente
os síntomas de alarma
para acudir canto antes ao hospital.
FEGADACE promove campañas
de prevención do ictus
e das outras causas do dano cerebral.

 

Asociacións Federadas

Documentación

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

PROTECCIÓN DE DATOS