Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Información legal

Cando unha persoa empeza a sufrir dano cerebral
aparecen novas situacións legais
para esa persoa e para a súa familia.

Hai que tomar moitas decisións sobre
axudas económicas e recursos de apoio.
Por iso hai que informarse primeiro
sobre que tipo de axudas pódense pedir en cada caso,
segundo as normas que marca a lei.

Leis que afectan a persoas con dano cerebral adquirido:

Lei de Dependencia

Esta lei ofrece un conxunto de servizos e axudas
para que as persoas con discapacidade
estean mellor atendidas e poidan ser máis autónomas.

A Lei de Dependencia aprobouse o 14 de decembro de 2006.

O catálogo de servizos inclúe: axuda a domicilio,
centros de día e de noite, atención residencial,
teleasistencia e asistencia persoal.

As axudas económicas son para contratar un servizo,
para unha persoa coidadora non profesional ou para asistencia persoal.

Recoñecemento do grao de Discapacidade

Documento legal que asegura que unha persoa
ten discapacidade.

A Consellería de Política Social é quen decide
o grao de discapacidade que se dá a cada persoa.
Faino a través dos Equipos de valoración e orientación.

Unha persoa conseguirá un grao máis alto de discapacidade
canta máis dificultade teña para facer actividades
da vida diaria.
A partir do 33 por cento de discapacidade
pódense conseguir beneficios económicos, laborais,
educativos e sociais.

Cambios na capacidade para tomar decisións

As persoas con dano cerebral adquirido
poden perder a capacidade para tomar decisións importantes
sobre a súa vida.

Por iso existen algunhas medidas que protexen
a estas persoas e axúdanlles a tomar decisións.

Estas medidas son:

Tutela
Outra persoa representa á persoa con dano cerebral adquirido
en case todos os aspectos da súa vida
e toma as decisións importantes por el ou ela.

Curatela
Outra persoa representa á persoa con dano cerebral adquirido
só nalgúns aspectos da súa vida.
Sobre todo, nos asuntos relacionados con diñeiro e propiedades.

Un xuíz decide que persoas necesitan tutela ou  curatela
e quen será o seu representante legal, en cada caso.

Instrucións previas ou documento de vontades anticipadas

Documento no que unha persoa explica
que coidados e tratamento quere ter no futuro,
en caso de sufrir unha enfermidade
e non poder decidir por si mesma.
Tamén explica que quere que se faga co seu corpo
despois de morrer.

Lei de patrimonio protexido

Esta lei axuda a que o diñeiro das persoas
con discapacidade sexa para pagar as súas necesidades.

Esta lei aprobouse no ano 2013.

Traballar e cobrar unha pensión

En ocasións pódese traballar á vez que se cobra
unha pensión.

A Seguridade Social é quen decide que persoas
poden traballar e cobrar unha pensión
e que tipos de traballo poden facer.