
Atención individualizada a familias, terapia de grupo, charlas de sensibilización, campañas de prevención, puntos de información...
Desde - Hasta: - Actualmente
Este servizo inclúe diferentes tipos de actividades. Por unha banda, está a atención, tanto individualizada como grupal, a familias. Infórmase ás familias -ás recén chegadas e tamén ás veteranas- sobre trámites, recursos, como intervir coa persoa con dano cerebral...
Por outra banda, están as charlas, xornadas públicas, mesas informativas e demais mecanismos de intervención no espazo público para a sensibilización sobre a realidade do dano cerebral adquirido e prevención das súas causas.
Ademais, varias asociacións manteñen puntos informativos fóra dos seus centros para facilitar o acceso de novas familias con DCA.
Fase
- Aguda
- Subaguda
- Crónica
- E despois que?
Descrición
- Atención a familias. Apoio individualizado, terapia de grupo, encontros para familiares, grupos de apoio informal, formación.
- Sensibilización e prevención. Campañas, actividades de formación e encontros co entorno comunitario para dar a coñecer a problemática do DCA, para promover a súa prevención en colectivos de maior incidencia, entre escolares, persoas novas e maiores. Tamén inclúe a edición de materiais, conmemoración de efemérides, formación, congresos e outros actos públicos.
- Voluntariado. Habilitación de espazos para a participación social de persoas xubiladas, estudantes e outras en actividades das entidades.
- Punto de información sobre o DCA:
- Local de atención das asociacións de pacientes, no Hospital Universitario Lucus Augusti | ADACE Lugo
- Ponte DCA | Solicitar cita previa: traballosocial@alento.org / 672 232 847 / 986 229 069 | Alento
- Espazo asociativo do paciente, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago | Mércores de 15:30 a 17:30 | Sarela
Asociacións que prestan este servizo
- ADACECO
- ADACE Lugo
- Alento
- DCA Ourense
- Sarela