Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 10/05/2019 | Curso de órtese na man neurolóxica

Inscrición aberta no curso de órtese na man neurolóxica que organiza ADACECO

A actividade formativa está dirixida a fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais e estudantes.

10/05/2019 | A Coruña

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO, organiza un curso de órtese na man neurolóxica que vai impartir Raquel Cantero Téllez, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional. Precisamente a esas dúas áreas profesionais, así como a estudantes de último ano de ambas disciplinas, está dirixido o curso, que terá lugar os días 4 e 5 de outubro.

ADACECO lanzou agora a inscrición, que ten prazas limitadas, e que se  pode tramitar nesta ligazón. Para calquera dúbida ADACECO falicita os seguintes contactos: 981 075 259 e formacion@adaceco.org. O importe é de 190 euros, con tarifas reducidas para estudantes (150€) e para aquelas persoas que se inscriban antes do 15 de xuño (170€). A entidade ten solicitada acreditación CFC.

O obxectivo deste curso é capacitar para a confección das órteses máis frecuentes empregadas na terapia da man. Ten unha duración total de 15 horas, que se distribúen en dúas de teoría, deixando o resto para a parte práctica. O programa completo pode consultarse aquí.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)