Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Investigación

Investigar serve para conseguir coñecementos novos sobre algo
do que non sabemos nada.
Tamén vale para ter máis información sobre un tema
que xa coñecemos.

Presentamos tres estudos que mostran as investigacións
que se fan en FEGADACE para mellorar a calidade de vida
das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.

• Atención informal en dano cerebral adquirido:
Impacto na saúde e calidade de vida dos coidadores.
Análise chave da igualdade de xénero

• Retorno social do investimento en atención sociosanitaria
a persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias

• Analizar o coñecemento do diagnóstico e os recursos
das persoas con dano cerebral adquirido
medindo as necesidades do grupo

Atención informal en dano cerebral adquirido:
Impacto na saúde e calidade de vida dos coidadores.
Análise chave da igualdade de xénero

As persoas con dano cerebral reciben das institucións
menos axuda da que necesitan.
Por iso as familias téñense que encargar de dar a estas persoas
os apoios que lles fan falta.

Cales son os obxectivos do estudo?

• Mostrar as consecuencias que teñen para os coidadores
o apoio continuo á persoa con dano cerebral.
• Demostrar que este apoio case sempre o dan as mulleres da familia,
polo que non hai igualdade de xénero nos coidados.
• Propoñer solucións para que as persoas que coidan
teñan mellor calidade de vida.
• Propoñer solucións para que haxa máis igualdade de xénero
e non sexan sempre as mulleres as que coiden dos seus familiares.

Quen fixo este estudo?

Trátase dun estudo proposto por FEGADACE
e feito pola empresa ReTnova Proxectia Consulting.

Colaboraron nel case 300 persoas
que atenden a usuarios das asociacións ADACECO,
ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela.

Cando se publicou o resultado?

No primeiro trimestre de 2021.

Quen o subvenciona?

Fundación Barrié e Fundación Roviralta.
 

Retorno social do investimento en atención sociosanitaria
a persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias

As persoas con dano cerebral adquirido poden traballar
e colaborar en proxectos sociais.
Para iso reciben tratamentos e recursos adecuados

nas asociacións de FEGADACE.

Co seu traballo e esforzo devolven á sociedade
o diñeiro que se empregou na súa rehabilitación.

Cales son os obxectivos deste estudo?

• Estudar os programas e servizos que ofrecen as cinco asociacións
de FEGADACE aos seus usuarios para comprobar o beneficio social
e económico que poden ter na sociedade.
• Analizar os cambios que se dan nas persoas
que participan nos servizos de FEGADACE
e a autonomía que conseguen despois da súa rehabilitación.
• Valorar canto diñeiro achegan estas persoas á sociedade
co seu traballo e vida autónoma despois de participar
nos servizos de FEGADACE.

Cando se fixo este estudo?

Nos anos 2018 e 2019.

Quen participou na investigación?

Un equipo mixto formado por profesionais de FEGADACE
e da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais, o estudo revisouno un catedrático de economía de Deusto Business
School e membro da agrupación de contabilidade social GEAccounting.

Documentación do proxecto

Podes consultar a documentación do proxecto facendo clic
nas seguintes ligazóns:
 
 
Tamén podes ver o vídeo Valor social de FEGADACE:

Quen subvenciona este estudo?

Fundación Barrié e Fundación Roviralta.

Analizar o coñecemento do diagnóstico e os recursos
das persoas con dano cerebral adquirido
medindo as necesidades do grupo

Hai falta de coordinación entre os recursos médicos e sociais
para atender ás persoas con dano cerebral.
Algunhas destas persoas non teñen máis tratamento nin apoios sociais
despois de recibir o alta no hospital.

Cales son os obxectivos deste estudo?

• Recoller máis información sobre os produtos e servizos
que existen para atender ás persoas que sofren ictus.
• Aproveitar estes datos para facer un estudo máis completo
sobre o dano cerebral.
• Medir os beneficios sociais e económicos que ten
apoiar o tratamento e recuperación das persoas con dano cerebral.
Con estes apoios as persoas poderán volver ser parte
da sociedade activa, traballar e apoiar a economía.

Cando se fixo este estudo?

Nos anos 2018 e 2019.

Quen participou na investigación?

O equipo de neuroloxía da Sociedade Galega de Neuroloxía
entregou enquisas a máis de 300 persoas dadas de alta
despois dun ictus, nas principais cidades de Galicia.
Tamén entregou estas enquisas aos seus coidadores.

Tres meses despois volveron pasar unha segunda enquisa
ás mesmas persoas para saber se nese tempo
conseguiran máis información sobre recursos de atención
para persoas con dano cerebral adquirido.

No estudo colaboraron profesionais
dos servizos de neuroloxía de distintos hospitais de Galicia.

Documentación do proxecto

Podes consultar a documentación do proxecto facendo clic
nas seguintes ligazóns:
 

Quen subvenciona este estudo?

Fundación Barrié e Fundación Roviralta.