Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais | 04/10/2019 | Fragmento da portada do Manual de Hixiene Oral para Persoas con Discapacidade

'Manual de hixiene oral para persoas con discapacidade' da Facultade de Odontoloxía

Editado pola Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais, 7º Premio FEGADACE-Miguel Blanco.

04/10/2019 | Galicia

A Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC editou en 2012, coa colaboración do Sergas, un Manual de hixiene oral para persoas con discapacidade.

Este documento parte da necesidade detectada polas/os autoras/os, grazas á súa experiencia na Unidade, de mellorar a saúde oral das persoas con discapacidade, valorada como moi deficiente por unha multiplicidade de causas (falta de profesionais con formación específica, falta de conciencia sobre a problemática, etc.). Esta mala saúde bucodental provoca consecuencias que van desde os problemas na inxesta de alimentos ao deterioro estético e a consecuente falta de autoestima.

Así, o manual dedica un amplo espazo ao "deseño dun programa de hixiene oral" con recomendacións sobre técnicas de cepillado; produtos, adaptacións e barreiras; dieta e outras cuestións relacionadas. Tamén define os principais problemas orais das persoas con discapacidade e describe os principais aspectos médicos dalgunhas das situacións de dependencia máis comúns.

A Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais foi galardoada en 2019 co 7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco polo coidado da hixiene bucodental que leva prestando desde 1992 ao colectivo de persoas con dano cerebral adquirido en Galicia, e polo seu labor divulgativo a favor dos dereitos das persoas con discapacidade e en contra das barreiras que dificultan o seu pleno acceso ao dereito á saúde.

Pode consultarse completo pinchando aquí: Manual de hixiene oral para persoas con discapacidade.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > Familias e persoas coidadoras