Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Medidas de prevención nas residencias e centros de día

Medidas de normalización nas residencias e centros de día para as persoas vacinadas

A resolución emitida polas consellerías de Sanidade e de Política Social entra en vigor o 19 de xuño

18/06/2021 | Galicia

As consellerías de Sanidade e de Política Social aprobaron unha serie de novas medidas específicas dirixidas ás residencias e centros de atención diúrna -tanto de maiores como de persoas con discapacidade- en relación coa prevención da COVID-19 que fixeron públicas nunha resolución datada este 16 de xuño, e que entran en vigor mañá, día 19.

Estas medidas están dirixidas a normalizar a situación de cara ao retorno a cotiandade previa á pandemia, e aplícanse excusivamente ás persoas que teñen completada a pauta de vacinación.

Con respecto aos centros de día, desaparecen os grupos burbulla e a limitación de ocupación, mantendo as medidas hixiénicas de ventilación, hixiene de mans, etc.; as persoas que non estean vacinadas coa pauta completa deverán manter as medidas limitacións de ocupación e grupos burbulla; suprímense as obrigas de desinfección, rexistro da temperatura e mudas na entrada e saída de persoas usuarias e profesionais; e normalízase o uso do transporte no mesmo sentido de aforos e grupos de convivencia.

No caso dos centros residenciais, o principal cambio é que se retiran as limitacións ás saídas, tanto individuais como para a relaización de actividades, e que se permiten tres visitas semanais a cada persoa usuaria. Realizaranse con cita previa e poderán acudir ata dúas persoas. O resto de medidas de funcionamento interno son similares ás introducidas nos centros de día, afectando sempre á poboación completamente vacinada.
 
A Resolución completa pode consultarse aquí.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19