Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

Medidas sociais postas en marcha polo goberno durante a crise do COVID-19

A federación elaborou un pequeno resumo das medidas sociais establecidas durante a crise sanitaria.

26/03/2020

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 elaborou un documento coas medidas de carácter social postas en marcha polo goberno durante a crise sanitaria polo COVID-19. Este é un breve resumo destas medidas:

DEREITO Á VIVENDA

MORATORIA DE HIPOTECAS PARA PERSOAS QUE TEÑEN VISTOS REDUCIDOS OS SEUS INGRESOS POR MOR DO COVID-19

  • Cando solicitar? Dende o momento que pase a atoparse nos supostos de vulnerabilidade económica ata 15 días despois da vixencia do Real Decreto Lei (Estado de Alarma).
  • Como solicitala?: Solicitude á entidade financeira, documentos que acrediten situación de vulnerabilidade

Supostos de vulnerabilidade:

  1.  Desemprego ou, no caso de ser empresario/profesional, sufrir una perda substancial dos seus ingresos ou unha caída substancial das súas ventas.
  2. Conxunto dos ingresos dos integrantes da unidade familiar non supere, con carácter xeral,  tres veces o IPREM: (1.645,80€). con incrementos por fillos a cargo ou familiares con discapacidade ou en situación de dependencia.
  3. Cota hipotecaria máis os gastos e suministros básicos resulte superior ao 35 % dos ingresos netos da unidade familiar.
  4. Cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a renda familiar se multiplicara polo menos 1,3. Caída substancial das ventas POLO MENOS DO 40%.

 

  • Terei que pagar intereses durante o tempo que dure a moratoria? NON, a entidade acreedora non pode aplicar intereses moratorios. nin pola parte do capital nin polos intereses.
  •  Cando termine a moratoria, como deberán de ser aboadas as cotas hipotecarias atrasadas? Será potestade de cada entidade a forma de pago?-- Trasládase cara o futuro, a hipoteca extenderase no tempo, polo mesmo período que teña sido efectiva la moratoria.


NINGUÉN SEN LUZ NIN AUGA: UN MES SEN CORTES DE SERVIZOS DE ENERXÍA ELÉCTRICA, GAS NATURAL, NIN AGUA PARA AS FAMILIAS MÁIS VULNERABLES


Un mes de moratoria para evitar a interrupción do suministro de servicios ás familias máis vulnerables. Durante ese mes, os suministradores de enerxía, gas natural e auga NON PODERÁN SUSPENDER O SUMINISTRO A AQUELES CONSUMIDORES VULNERABLES ou en risco de exclusión social.

Durante o estado de alarma, NINGUNHA COMPAÑÍA PODERÁ CORTAR OS SUMINISTROS.

  • As compañías de auga, luz e gas  perdoarán a débeda por non pagar as facturas durante o estado de alarma? NON SERÁN MORATORIAS. É dicir, prórroga no prazo do pago de unha débeda. As formas que vai  empregar cada empresa poden variar.
  • Se ata estas datas non era considerado consumidor vulnerable, pero teño sido afectado laboral ou económicamente polo COVID-19, teño dereito a que non se me corte ningún de estes suministros? NON HABERÁ CORTE DE SUMINISTROS EN NINGÚN CASO MENTRAS DURE O ESTADO DE ALARMA.


GARANTIR AS COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

Mantemento dos servizos de comunicacións electrónicas e a conectividade de banda ancha.

  • Garantiranse estas comunicacións para toda a cidadanía ou, ao igual que os suministros de luz, auga e gas, só se aplica a familias ou persoas vulnerables? Mentres estea en vigor o estado de alarma, os OPERADORES de telecomunicacións DEBEN MANTER OS SERVICIOS DE COMUNICACIÓNS.

Durante o estado de alarma se SUSPÉNDENSE as operacións de portabilidade de numeración fixa e móbil.


BONO SOCIAL

Prorrogado AUTOMÁTICAMENTE ata o 15 de setembro.

  • Non teño sido beneficiario do bono social ata agora, pero creo que cumpro os requisitos necesarios para selo, o procedemento para solicitalo sigue activo?  Que procedemento debería seguir? Se NON É BENEFICIARIO do bono social, e cumpre os requisitos, poderá PRESENTAR A SOLICITUDE NA WEB DA EMPRESA COMERCIALIZADORA.


COIDADOS: (SAF, Dependencia)

  • Son unha persoa dentro dun grupo de risco que recibe axuda a domicilio, podo solicitar material de protección para evitar riscos de contaxio? (xel, alcohol, mascarillas, etc.) Será a empresa que facilite o servizo a que suministrará ás traballadoras que o levan a cabo todo o material necesario para que o realicen coa seguridade e hixiene esixible.
  • Son unha persoa en corentena que deu positivo en COVID19, teño recoñecida unha axuda a domicilio, teño dereito a que se me manteña esta axuda? SÍ. Coas medidas de precaución necesarias para evitar o contaxio.
  •  Son unha persoa que vive soa sen dereito recoñecido á dependencia, pero que nestes intres de confinamento creo requerir axuda para tarefas básicas, como podo solicitar esta axuda? A que organismo debo dirixirme? Cal sería o procedemento? Debo DIRIXIRME aos SERVIZOS SOCIAIS DO MEU CONCELLO.


VOLUNTARIADO


Neste momento teño dispoñibilidade, existe algún mecanismo para axudar a quen o precise? Debo inscribirme nalgún lugar? NO TEU CONCELLO

 

PERSONAS SEN FOGAR

Atención nos SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS



 XUVENTUDE

Son participante nun proxecto do programa europeo Erasmus+ ou CES e atópome fóra, que debo facer?  Informa a embaixada.

Os contactos para cada programa son: erasmusplus@injuve.es -cuerpoeuropeodesolidaridad@injuve.es Tamén podes dirixirte a informacionInjuve@injuve.es A duración dos proxectos poderase extender un máximo de 12 meses, sen exceder os 36 meses de duración total.

  • Como entidade beneficiaria teño tido gastos excepcionais derivados da crisis sanitaria, serán cubertos polo programa? Os gastos excepcionais alegados por causa de forza maior deberán explicarse e documentarse na presentación do informe.

 

DEREITOS DOS ANIMAIS


Pódense sacar os cans?

  1. Realizar paseos curtos, o tempo preciso para cubrir as necesidades fisiolóxicas do animal.
  2. Evitar o contacto con outros animais e/ou persoas.
  3. Levar botella de auga con deterxente para limpar ouriños e bolsas para excrementos.
  4. Priorizar horarios de menor afluencia.
  • Pódense alimentar as colonias felinas? Débese ir SÓ, priorizar horarios de menos afluencia e intentar espacialo o máximo de días posibles.
  • Que pasará cos animais de persoas sen fogar? Ofreceranse facilidades para o coidado das súas mascotas durante o tempo que residan nos centros.

Arquivada en: