Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Modelo e principios de atención

O proceso de rehabilitación e inclusión da persoa con dano cerebral adquirido e da súa familia é longo e complexo. Hai que pasar por diferentes fases que, á súa vez, implican a múltiples perfís profesionais que deben traballar de maneira coordinada. Estes documentos determinan o itinerario e recursos correspondentes:

Modelo de atención ás persoas con dano cerebral Informe técnico elaborado polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, para determinar os principios, características e recursos que deben rexer a atención ao dano cerebral.
Escala CAVIDACE Unha investigación do INICO (coa colaboración do CEADAC e das entidades da FEDACE) elaborou esta escala de valoración para medir o benestar das persoas con dano cerebral que divide en oito as dimensións básicas da calidade de vida.
Guía de Familias Documento marco elaborado pola FEDACE para trasladar ás familias toda a fenomenoloxía do dano cerebral adquirido, así como a resposta a nivel de intervención que se ofrece desde o movemento asociativo, en consonancia co Modelo de Atención do Imserso.

O estudo 'Modelos de atención al daño cerebral en España' (2021), promovido por FEDACE e elaborado por persoal investigador do INICO, compara os diferentes modelos autonómicos de atención. FEDACE publicou tamén un breve dossier explicativo sobre a investigación.

Pictogramas