Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Movemento asociativo

Actividades destinadas á formación, coidado e atención de profesionais, xuntas directivas, familias, persoas con dano cerebral e base social das asociacións de FEGADACE.

Respiro familiar

O respiro ten un dobre obxectivo: por unha banda é unha actividade de lecer, diversión e socialización para a persoa con dano cerebral e, pola outra, serve de descanso para o coidador ou coidadora principal. As asociacións de FEGADACE organizan un respiro ao ano.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual

Respiro para persoas coidadoras

Actividade de lecer que ten como beneficiarias ás persoas coidadoras, proporcionándolles unha xornada de descanso, autocoidado e desconexión da persoa dependente.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: bianual

Xuntanza de Persoas e Familias con DCA

Encontro de carácter lúdico e festivo dirixido á totalidade do movemento asociativo. Ten as súas raíces no Foro de Familias, un encontro anual que se organizou entre 2012 e 2016, e que tiña un perfil divulgativo e formativo e que estaba dirixido unicamente a familiares.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: 2017

Accións de formación para Xuntas Directivas

Encontro de Xuntas Directivas

Xuntanzas destinadas a mellorar as capacidades directivas e o liderado das xuntas directivas das asociacións e de FEGADACE, ao tempo que se contribúe a construír a cultura da Federación. Participan os membros das xuntas directivas de FEGADACE e das súas asociacións. Puntualmente acoden tamén os directores e directoras.

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual

Outras

Plan Estratéxico
  • Docencia: interna
  • Asistencia: 22 persoas | 20 persoas
  • Localización: Afundación (Ourense) | Casa das asociacións María Mariño (Lugo)
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 30/01/2016 | 25/09/2016
Liderado e habilidades directivas
  • Contidos: Competencias directivas, liderado, traballo en equipo, intelixencia emocional, xestión do cambio, xestión do tempo, delegación e xestión de conflictos.
  • Docencia: David Pereiro (Algalia)
  • Asistencia: 17 persoas
  • Localización: Sarela (Santiago de Compostela
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: Setembro - novembro 2015

Accións de formación para o persoal técnico das entidades federadas

Estratexia de Intervención da disfaxia orofarínxea en persoas con DCA
  • Contidos: Orientación para profesionais da logopedia na detección dos síntomas da disfaxia e proporcionamento de técnicas específicas para o manexo da persoa usuaria durante a alimentación.
  • Docencia: Marcia Adrião-Briz (fonoaudióloga e logopeda especializada en Fonoaudioloxía Clínica e Hospitalaria, Motricidade Orofacial e Coidados de Soporte e Paliativos en Oncoloxía)
  • Asistencia: 7 persoas
  • Localización: Sarela (Santiago de Compostela)
  • Financiamento: Fundación Banco Santander (Santander Ayuda)
  • Execución: 18 e 19/05/2017
Planificación, Fundraising e Comunicación
  • Contidos: Planificación Estratéxica da Captación de Fondos, Marco Lóxico, Fiscalidade do Fundraising e Protección de Datos, Fundraising Offline e Fidelización, Fundraising Online e Email Marketing, Grandes Donantes, Comunicación e Xeración de Notoriedade para ENL, Fundraising Corporativo e Eventos de Captación de Fondos.
  • Docencia: Asociación Española de Fundraising
  • Asistencia: 2 persoas
  • Localización: Madrid
  • Financiamento: Fundación Banco Santander (Santander Ayuda)
  • Execución: 27/04/2017 a 30/11/2017
Toma de decisións difíciles
  • Contidos: Coñecementos sobre os marcos e procedementos legais e éticos na adopción de decisións sobre temas difíciles para potenciar a sensibilidade dos e das profesionais para mellorar a axuda ás persoas e familias, e aprender a identificar e abordar as situacións complicadas.
  • Docencia: Gonzalo Martínez Sande (psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña), Benito López (forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia - IMELGA), Roberto Soto (maxistrado do xulgado nº 6 de Santiago) e Fuencisla Ladrón (Fiscalía de Santiago)
  • Asistencia: 17 persoas | 16 persoas
  • Localización: Sarela (Santiago de Compostela)
  • Financiamento: Fundación Banco Santander (Santander Ayuda)
  • Execución:25/01/2017 | 31/03/2017
Modelo Affolter
  • Contidos: Modelo de rehabilitación neurolóxica concibido para as persoas con dano cerebral adquirido e centrado no desenvolvemento das actividades básicas da vida diaria (AVD). O Modelo Affolter formula as dificultades coas AVD das persoas con dano cerebral non só como un problema físico, senón tamén do sistema sensorio-motor. Así, introduce pautas coas que axudar ás persoas con DCA á hora de decidir e manifestar cal quere que sexa a súa conduta.
  • Docencia: Carlos Rodríguez e Tania Romeu (Centro Sinapse de tratamento integral da patoloxía neurolóxica e logopedia)
  • Asistencia: 18 persoas
  • Localización: Sarela (Santiago de Compostela)
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 11/11/2016
Sexualidade e Dano Cerebral Adquirido
  • Contidos: Formación sobre o papel dos diferentes perfís profesionais implicados no apoio a nivel sexual das persoas con DCA, as demandas que adoitan presentar e como se debe intervir sobre as mesmas, ademais da adaptación de contornos e xestión de tempos e espazos a nivel de intimidade e límites corporais.
  • Docencia: Natalia Rubio (psicóloga, sexóloga, pedagoga e presidenta de Sexualidad y Discapacidad)
  • Asistencia: 33 persoas
  • Localización: Sarela (Santiago de Compostela)
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 28/05/2016
Técnicas de deglución na disfaxia
  • Contidos: Pautas para a adaptación da alimentación, recomendacións nutricionais para persoas con disfaxia, dietas de reeducación da deglución e menús específicos para persoas con disfaxia.
  • Docencia: Forgal
  • Asistencia: 15 persoas
  • Localización: Sarela (Santiago de Compostela)
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 24/10/2015
Introdución ao INN (Integrating Neurodynamics into Neurorehabilitation)
  • Contidos: O concepto Integración da Neurodinámica na Neurorrehabilitación analiza de maneira novidosa a espasticidade para abordar súa intervención, fuxindo do patrón de medicación e estiramentos, a través da actividade muscular selectiva e da aprendizaxe á hora de empregar o lado máis afectado, relaxando o sistema nervioso.
  • Docencia: Carlos Rodríguez (fisioterapeuta especialista en terapia Bobath)
  • Asistencia: 5 persoas
  • Localización: Santiago de Compostela
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 21/05/2015
Valoración e diagnose do DCA segundo o sistema BECAD
  • Contidos: Introdución á Clasificación Internacional do Funcionamento, Discapacidade e Saúde (CIF) da Organización Mundial da Saúde (OMS) e formación na BECAD (Batería de Evaluación de la Capacidad y el Desarrollo), de cara a mellorar a maneira de programar e administrar a rehabilitación nas asociacións de dano cerebral.
  • Docencia: Micaela Moro (profesora na Universitat Jaume I e directora da empresa Cercle Dany Cerebral)
  • Asistencia: 26 persoas
  • Localización: CABES (Santiago de Compostela)
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 11 e 12/09/2014
Banco de tempo
  • Asistencia: 13 persoas
  • Localización: Lugo
  • Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
  • Execución: 22 e 28/05/2014