Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Movemento asociativo

FEGADACE conta con actividades para formar, coidar e atender
a todas as persoas que forman parte da federación:
profesionais, xunta directiva, familias, persoas con dano cerebral
e base social das súas asociacións.

Estas actividades son:
• Actividades para persoas con dano cerebral adquirido,
as súas familias e coidadores principais
-Respiro familiar
-Respiro para persoas coidadoras
-‘Xuntanza’ de persoas e familias con dano cerebral adquirido
 
• Formación para xuntas directivas
-Encontro de xuntas directivas
-Plan estratéxico
-Liderado e habilidades directivas
 
• Formación para as persoas que traballan nas entidades
de FEGADACE
-Estratexias de intervención da disfaxia orofarínxea
en persoas con dano cerebral adquirido
-Planificación, fundraising e comunicación
-Toma de decisións difíciles
-Modelo Affolter
-Sexualidade e dano cerebral adquirido
-Técnicas de deglutición na disfaxia
-Introdución ao  INN (Integrating Neurodynamics into Neurorehabilitation)
-Valoración e diagnóstico do dano cerebral adquirido
segundo o sistema BECAD
-Banco do tempo

Actividades para persoas con dano cerebral adquirido,
as súas familias e coidadores principais

Respiro familiar

Actividade que se organiza unha vexa ao ano.
Ten dous obxectivos:
 
• Contar cun programa de lecer, diversión e encontro social
para as persoas con dano cerebral.
• Dar un tempo libre e de descanso ao coidador ou coidadora principal.
 
Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social.

Respiro para persoas coidadoras

Actividade de lecer que se organiza unha vez cada dous anos.
Ten como obxectivo ofrecer un día de descanso e  autocuidado
ao coidador ou coidadora para que poida desconectar
da persoa dependente.

Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social.

‘Xuntanza’ de persoas e familias con dano cerebral adquirido

Encontro de lecer e festivo que se organizou no ano 2017
para todos os membros das asociacións de FEGADACE.

Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social.

Formación para xuntas directivas

Encontro de xuntas directivas

Reunións que se fan todos os anos para mellorar as capacidades
de traballo das persoas que forman a xunta directiva
das asociacións de FEGADACE.

Este proxecto está subvencionado pola Consellería de Política Social.

Plan estratéxico

O plan estratéxico dunha entidade é un documento cun programa
no que se explica que quere conseguir esa entidade
e que cousas fará para cumprir os seus obxectivos.
Cando? 30 de xaneiro de 2016 en Ourense
25 de setembro de 2016 en Lugo
Onde? Afundación en Ourense
Casa dúas asociacións María Mariño en Lugo   
Cantas persoas
participaron?
22 persoas en Ourense
20 persoas en Lugo
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Liderado e habilidades directivas

Cando? De setembro a novembro de 2015
Onde? Sarela en Santiago de Compostela  
De que trata? Aprender técnicas para traballar como directivo:
traballo en equipo, intelixencia emocional,
saber actuar perante os cambios, controlar o tempo e resolver conflitos.
Cantas persoas
participaron?
17 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Formación para as persoas que traballan nas entidades
de FEGADACE

Estratexias de intervención da disfaxia orofarínxea
en persoas con dano cerebral adquirido

A disfaxia orofarínxea é a dificultade para facer que os alimentos
pasen da boca ao esófago.
Cando? 18 e 19 de maio de 2017
Onde? Sarela en Santiago de Compostela  
De que trata? Descubrir cales son os síntomas da disfaxia.
Coñecer técnicas para utilizar durante a comida.
Cantas persoas
participaron?
7 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Fundación Banco Santander

Planificación, fundraising e comunicación

O fundraising é un conxunto de accións para conseguir diñeiro
para proxectos de fundacións e asociacións.
Cando? Do 27 de abril ao 30 de outubro de 2017
Onde? Madrid
De que trata? Buscar formas de conseguir diñeiro para proxectos.
Cantas persoas
participaron?
2 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Fundación Banco Santander

Toma de decisións difíciles

Cando? Do 25 de xaneiro ao 31 de marzo de 2017
Onde? Sarela en Santiago de Compostela  
De que trata? Coñecer cales son as leis e normas morais
para tomar decisións difíciles.
Conseguir ferramentas para apoiar
ás persoas con dano cerebral adquirido
e familias que teñan que tomar estas decisións.
Cantas persoas
participaron?
17 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Fundación Banco Santander

Modelo Affolter

Este modelo de rehabilitación axuda ás persoas
con dano cerebral adquirido a decidir como queren que sexa  
o seu plan de actividades da vida diaria.
Cando? 11 de novembro de 2016
Onde? Sarela en Santiago de Compostela  
De que trata? Expor dificultades físicas que teñen
as persoas con dano cerebral
nas súas actividades de vida diaria.
Ofrecer pautas a cada persoa para que poida
decidir o tipo de axuda que necesita
nas súas actividades da vida diaria.
Cantas persoas
participaron?
18 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Sexualidade e dano cerebral adquirido

Cando? 28 de maio de 2016
Onde? Sarela en Santiago de Compostela  
De que trata? Expor como deben actuar os profesionais
perante as consultas sobre sexualidade que fan
as persoas con dano cerebral.
Medidas adaptar os lugares e tempos
ás necesidades de intimidade e límites físicos
destas persoas.
Cantas persoas
participaron?
33 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Técnicas de deglutición na disfagia

A deglutición consiste en pasar algo da boca ao estómago
a través da gorxa.

Cando? 24 de outubro de 2015
Onde? Sarela en Santiago de Compostela  
De que trata? Pautas e consellos de alimentación para persoas
con disfaxia.
Dietas e menús específicos para persoas
con disfaxia.
Cantas persoas
participaron?
15 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Introdución ao INN (Integrating Neurodynamics into Neurorehabilitation)

Este novo concepto analiza a maneira de tratar
os músculos que están tensos e ríxidos.
Cando? 21 de maio de 2015
Onde? Santiago de Compostela  
De que trata? Tratar a rixidez muscular a través da actividade
muscular e relaxación do sistema nervioso,
no canto da través de medicación e estiramentos.
Cantas persoas
participaron?
5 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Valoración e diagnóstico do dano cerebral adquirido
segundo o sistema BECAD

O sistema BECAD ten en conta a capacidade
e o desenvolvemento das persoas
para saber que tipo de rehabilitación necesitan.
Cando? 11 e 12 de setembro de 2014
Onde? CABES en Santiago de Compostela  
De que trata? Buscar formas de mellorar os métodos
de rehabilitación nas entidades que traballan
con dano cerebral.
Cantas persoas
participaron?
26 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social

Banco do tempo

Sistema no que distintas persoas ofrecen o seu tempo
para axudar a outras persoas facendo cousas que saben e poden facer.
Cando? Do 22 ao 28 de maio de 2014
Onde? Lugo
Cantas persoas
participaron?
13 persoas
Quen subvenciona
a formación?
Consellería de Política Social