Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DGT | 21/12/2018 | Campaña de Nadal 2018 da DGT

'No Nadal, mellor máis amodo', consellos da DGT para a condución nas festas

Os accidentes son a segunda causa do DCA; evítaos seguindo as pautas de seguridade viaria de Tráfico.

21/12/2018

A DGT prevé máis de 18 millóns de desprazamentos en todo o Estado con motivo das festas de Nadal. Non vai haber restriccións nin paralización de obras, pero Tráfico si conta con previsións de volume de circulación e horas de maior afluencia, consideradas máis perigosas, que se poden consultar aquí.

No apartado de Prevención da páxina web de FEGADACE hai diferentes recomendacións para unha condución segura. Ademais, a DGT fixo público un documento con consellos de seguridade viaria relativos ao estado do vehículo e a diferentes tipos de condución e á preparación da viaxe. Conta cun apartado específico sobre condución no inverno.

Hai máis información na web da campaña de Nadal de Tráfico, e actualizacións constantes no Twitter da DGT e no teléfono 011.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Educación para a saúde > Prevención do dano cerebral adquirido