Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© La Voz de Galicia | | Mar Castellanos Rodrigo, Miguel Ángel Llaneza González, Diego Santos e Pablo Irimia Sieira

Nomean a catro galegos coordinadores da Sociedad Española de Neurología (SEN)

A doutora Mar Castellanos, do CHUAC, vai coordinar o Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares.

13/01/2021 | Galicia

A neuróloga María del Mar Castellanos Rodrigo foi nomeada coordinadora do Grupo de Estudo de Enfermidades Cerebrovasculares da Sociedad Española de Neurología (SEN); o neurólogo Pablo Irimia Sieira será o novo coordinador do Grupo de Estudo de Cefaleas; e o neurólogo Diego Santos exercerá como novo coordinador do Grupo de Estudo de Trastornos do Movemento. Ademais, o neurólogo Miguel Ángel Llaneza González foi reelixido como coordinador do Grupo de Estudo de Enfermidades Desmielinizantes. Todos eles son galegos.

Os Grupos de Estudo da SEN teñen o obxectivo de reunir aos membros da sociedade científica, segundo o grado de especialidade nas diferentes patoloxías neurolóxicas ou no interese mostrado por temas relacionados con outros aspectos da especialidade. Son os encargados de potenciar e desenvolver a investigación e a formación.

A doutora Mar Castellanos é a actual Xefa de Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e investigadora principal do Grupo de Investigación en Enfermidades Cerebrovasculares do Instituto de Investigación Biomédica de Coruña (INIBIC). Tamén é a actual Coordinadora da Comisión Ictus do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), responsable da coordinación da revisión e posta a punto do Plan Ictus en Galicia.

O doutor Pablo Irimia exerce como Consultor do Departamento de Neuroloxía e Neurocirurxía da Clínica Universidade de Navarra, onde é Responsable da Unidade de Cefaleas, e como Profesor Titular de Neuroloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Navarra.

O doutor Diego Santos exerce na actualidade como Médico anexo do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Valladolid, médico especialista de Neuroloxía polo Hospital Universitario de Santiago de Compostela e Doutor Cum Laude pola Universidade de Santiago de Compostela.

O doutor Miguel Ángel Llaneza é actualmente Xefe do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Galicia) onde é Coordinador e responsable da Consulta Monográfica de Enfermidades Desmielinizantes.

Información e imaxe extraídas de La Voz de Galicia.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Outras entidades