Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 15/02/2023 | Curso Atención no Fogar (4ª ed)

Nova edición do curso online para persoal dos Servizos de Axuda no Fogar

Trátase da cuarta convocatoria desta formación, que se vai desenvolver do 6 de marzo ao 2 de abril.

15/02/2023 | Online

FEGADACE abriu o período de matrícula da cuarta edición do curso 'Atención no fogar de persoas con dano cerebral adquirido', dirixido especialmente a traballadores e traballadoras responsables da atención e coidado no domicilio de persoas con esta discapacidade.

Esta actividade formativa vaise desenvolver online a través da Escola Dano Cerebral de FEGADACE entre o 6 de marzo e o 2 de abril de 2023. A inscrición é gratuíta, e existe a posibilidade de solicitar a emisión de certificado por un importe de 15 euros. Hai 50 prazas en oferta e o período de matrícula está aberto ata o 5 de marzo ás 23:59 hh.

Recoméndase ter coñecementos básicos de informática para facilitar o uso da plataforma de formación online.
 
MATRICÚLATE AQUÍ
 
Temario do curso

Esta actividade está dirixida principalmente ao persoal dos Servizos de Axuda no Fogar, pero tamén a traballadores e traballadoras que desde outros recursos desenvolvan a súa actividade a domicilio e atendan a persoas con dano cerebral adquirido.

O obxectivo é capacitalas nas especificidades do dano cerebral para mellorar, por unha banda, a calidade da atención a este colectivo, e, por outra banda, o seu autocoidado como coidadoras. Os aspectos específicos a tratar son os seguintes:
 
  1. Detección do dano cerebral.
  2. Pautas para avaliar a evolución da persoa con dano cerebral.
  3. Comunicación coa persoa con dano cerebral e habilidades comunicativas.
  4. Alteracións cognitivas e condutuais.
  5. Transferencias e cambios posturais.
  6. Alimentación, deglutición e medicación.
  7. Tratamento da intimidade e da privacidade.
  8. Hixiene, curas e prevención de úlceras.
  9. Acompañamento no tempo libre e actividades de lecer.
 
A organización desta actividade conta co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF (é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda); da Fundación La Caixa; edo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado aos fondos NextGenerationEU da Unión Europea (Proxecto Rumbo).
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)