Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Miguel Gallardo | FEGADACE | 26/09/2022 | Accidente de tráfico

O CERMI celebra a mellora da protección penal das vítimas de accidentes de tráfico

Este mes entrou en vigor unha modificación do Código Penal que permite recurrir por esta vía ademais da civil.

26/09/2022

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) celebra a mellora da protección penal das vítimas de accidentes de tráfico que supón a modificación do Código penal aprobada mediante a Lei Orgánica 11/2022, do 13 de setembro, de modificación do Código penal en materia de imprudencia na condución de vehículos de motor ou ciclomotor, que publicou o día 14 o Boletín Oficial do Estado e que entrou en vigor na xornada seguinte.

A través desta Lei Orgánica, as vítimas de accidentes reforzan o seu rango de protección actual ao poder acudir á vía penal.

En efecto, a partir desta reforma, as vítimas de accidentes por imprudencia menos grave do condutor terán a opción de reclamar ben pola vía civil ou pola vía penal. Poténcianse así as formas menos graves de imprudencia e limítase o que os xuíces de instrución despenalicen os asuntos cualificándoos de imprudencia leve.

Para o CERMI trátase dunha reforma legal favorable para as vítimas por canto permitirá a estas acudir á vía penal, evitando a discrecionalidade actual do xuíz, que favorece o arquivo de moitas denuncias que só se tratan como asuntos civís, sen posibilidade de axuizamento e reproche penais.
 
Información extraída da páxina web do CERMI.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Causas