Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CERMI Galicia | 21/07/2020 | Asemblea Xeral do CERMI Galicia (2020)

O CERMI Galicia aproba a entrada de dúas novas entidades: PREDIF e Cegasal

O comité de representantes de persoas con discapacidade conta agora con 12 membros.

21/07/2020 | Galicia

A Asemblea Xeral do CERMI Galicia aprobou, a pasada semana, a incorporación de dúas novas entidades ao seu corpo de socios: PREDIF Galicia e Cegasal.

Con estes dous organismos pasan a ser doce os membros do CERMI Galicia. Únense a ONCE, FADEMGA, COGAMI, FEAFES, Down Galicia, Autismo Galicia, Federación de Asociacións de Persoas Xordas, FAGAL e ASPACE Galicia, ademais de FEGADACE.

PREDIF Galicia correspóndese coas siglas de Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física. Traballa sobre todo nos ámbitos da accesibilidade universal e do turismo accesible, seguindo a filosofía de Vida Independente.

Cegasal é a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro. Reúnen diferentes iniciativas empresariais non lucrativas de Economía Social, como son os Centros Especiais de Emprego, que traballan en 14 sectores produtivos diferentes, desde a alimentación á automoción, pasando pola limpeza ou o textil.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)