Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CERMI Galicia | 23/02/2021 | Fragmento do cartel do encontro do CERMI Galicia

O CERMI Galicia celebra un encontro sobre 'Mulleres con discapacidade coidadoras'

Acto de conmemoración do Día Internacional da Muller o 4 de marzo desde as 10:30 horas.

23/02/2021 | Online

O CERMI Galicia conmemora o Día da Muller traballadora organizando un encontro no que se vai abordar a situación das 'Mulleres con discapacidade coidadoras'. O debate será online, o xoves 4 de marzo, e estará centrado na presentación dunha serie de experiencias de mulleres con e sen discapacidade coidadoras de persoas con e sen discapacidade.

A cita é ás 10:00, coa apertura por parte do presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández, e a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella. A seguir, Isabel Quintairos -xornalista e representante do Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia- vai moderar unha mesa de experiencias na que nove mulleres van achegar as súas impresións sobre o coidado de persoas en situación de dependencia. En representación do colectivo do dano cerebral adquirido vai intervir Ana Isabel Pedrosa, muller con discapacidade e coidadora. O programa completo está aquí.

Ao rematar, Isabel Quintairos vai presentar as conclusións do intercambio, e Dolores Venancio, responsable da Comisión da Muller do CERMI Galicia, vai pechar o acto. Finalizará arredor do mediodía.

Datos de acceso

As persoas interesadas poden asistir directamente a través dos seguintes datos de acceso, ou tamén poden inscribirse cubrindo este formulario de inscrición. O encontro organízase a través da plataforma Zoom. Para entrar dende o ordenador ou desde a app móbil o enlace é: https://once.zoom.us/j/92829645086

Para facelo por teléfono, chamar a calquera dos números abaixo listados, introducir o código 928 2964 5086# e despois saltar a introdución de usuario premendo outra vez #:

        +34 91 787 0058 (España)
        +34 917 873 431 (España)
        +34 84 368 5025 (España)

Podes buscar o teléfono doutro país seguindo este enlace: https://once.zoom.us/u/acrNYjLk3B

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia