Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CERMI | 15/09/2022 | Novo baremo da discapacidade

O CERMI saúda a aprobación inminente do novo baremo de valoración da discapacidade

Acordo entre o Estado, as Autonomías e o Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade.

15/09/2022

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) saúda a inminente aprobación polo Consello de Ministros, previsiblemente a semana que vén, do novo real decreto reglador do procedemento para a valoración do grao de discapacidade.

Tras máis de dez anos de traballos preparatorios, que sufriron continuas dilacións, finalmente o novo baremo da valoración da discapacidade verá a luz, substituíndo ao vixente, que data de 1999 e que quedara desfasado á luz do modelo social de entender a discapacidade ao que obriga a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas.

O novo baremo, que parte dun amplo acordo entre o Estado, as Comunidades Autónomas e o sector da discapacidade representado polo CERMI e as súas organizacións, pretende unha valoración máis axustada á realidade das persoas con discapacidade, dotando de moita maior relevancia aos factores sociais e contextuais.

Ademais, mantendo criterios comúns máis aló do territorio ou Administración de referencia, trata de acelerar o procedemento de valoración, reducindo os tempos máximos de espera que sofren hoxe miles de persoas solicitantes, que superan os dous anos nalgunhas Comunidades Autónomas.

O CERMI recoñece o impulso político que imprimiu o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 para culminar definitivamente nun clima de diálogo un proceso de aprobación que se dilataba durante anos.

Información do CERMI Estatal.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia