Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 17/03/2021 | Reunión do Comité Asesor Sociosanitario (16/03/2021)

O Comité Asesor Sociosanitario completará para xuño un diagnóstico das residencias

A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, participa no grupo en representación do CERMI Galicia.

17/03/2021 | Galicia

A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, participa no Comité Asesor Sociosanitario da Xunta de Galicia en representación do CERMI Galicia. Este comité foi constituído para configurar o novo modelo de residencias posterior á crise provocada pola pandemia do coronavirus. Onte mantivo unha reunión por videoconferencia, e está previsto que o Comité complete neste semestre un diagnóstico das residencias de maiores.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, que participou na xuntanza, concretou que esta complexa reestruturación do sistema será un dos grandes retos desta lexislatura e centrarase en tres aspectos fundamentais: a mellora da coordinación sociosanitaria, a posta da tecnoloxía ao servizo da atención ás persoas maiores e as reformas estruturais necesarias para optimizar a atención nos centros.

Por este motivo, o Comité pasará a ramificar a súa reflexión a partir de agora en tres grupos de traballo, cada un deles centrado nun destes tres ámbitos. Un traballo para o que, apuntou a conselleira, “será fundamental apoiarse nas leccións aprendidas durante esta pandemia” na que se puxeron en evidencia algunhas vías de mellora.
 
Máis información na páxina web da Xunta de Galicia.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)