Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Círculo de cadeiras

O concerto social facilitará a prestación de servizos públicos desde as asociacións

A Xunta avanza na tramitación deste decreto, moi demandado desde as entidades de discapacidade.

14/07/2020 | Galicia

A Xunta fixo público o venres 10 de xullo que nos seguintes días tiña previsto remitir o Decreto do concerto social ao Consello Consultivo de Galicia para a súa aprobación e posta en marcha.

Esta nova normativa, moi demandada desde as asociacións de discapacidade, vai regular o concerto de prazas para a prestación de servizos públicos fixando uns criterios obxectivos para as mesmas e favorecendo ás entidades sociais, sen ánimo de lucro, fronte á empresa privada.

O Decreto do concerto social prevé a creación dunha bolsa de entidades que ofrecen prazas en diferentes servizos segundo uns criterios previamente establecidos. A Xunta considera que esta ferramenta vai favorecer tamén a axilidade no acceso ás prazas por parte das persoas que as precisen, mellorando tamén a asignación xeográfica das mesmas.

O concerto social vaise aplicar prioritariamente no ámbito da discapacidade pero tamén se vai implantar noutros campos con ampla presenza de entidades de iniciativa social como a inclusión social ou a atención a menores.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Necesidades do colectivo