Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Concello de Ames | | Fragmento do cartel da Feira da Saúde

O dano cerebral será visible esta fin de semana na Feira da Saúde de Ames

FEGADACE e Sarela colocarán postos informativos e a entidade compostelá dará unha charla o domingo.

07/04/2021 | Ames

FEGADACE e Sarela van levar o dano cerebral adquirido á Feira da Saúde de Ames, que vai ter lugar esta fin de semana no Pazo da Peregrina (Bertamiráns).
 
A entidade municipal quere reivindicar "a saúde como moito máis que ausencia de enfermidade", e para iso convoca diversas actividades e unha feira de asociacións que se poderá visitar durante todo o sábado e na mañá do domingo.
 
FEGADACE e Sarela colocarán cadanseu posto, e a Federación ten previsto proxectar unha serie de vídeos de sensibilización e información sobre o dano cerebral.
 
Pola súa banda, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela vai dar a charla 'Que sabes do dano cerebral?'. Será o domingo ás 11:15 e vaina impartir Julia Lodeiro González, neuropsicóloga de Sarela.
 
Aquí pódese consultar o programa de actividades e o de faladoiros.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)