Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 02/01/2019 | Un equipo con cinco membros

O equipo de FEGADACE incorpora unha profesional do Traballo Social

Súmase tamén unha nova administrativa grazas aos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia.

02/01/2019 | Santiago de Compostela

A convocatoria de 'Programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para a promoción do emprego', emitida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, resolveuse coa concesión a FEGADACE de dous novos perfís profesionais: unha traballadora social e unha administrativa. Incorporáronse en decembro e, grazas á subvención da Consellería de Economía, gozarán dun ano de contrato en FEGADACE.

Con estas dúas incorporacións, o equipo profesional da Federación pasa a estar composto, por primeira vez. por cinco persoas. Esta é tamén a primeira ocasión na que FEGADACE conta cunha profesional do Traballo Social, que colaborará na formulación de proxectos e no desenvolvemento de accións de información e de sensibilización.

O cadro de persoal da Federación inclúe tamén cunha directora, un responsable de proxectos, unha responsable de comunicación, e unha administrativa.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)