Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 02/10/2018 | Servizo de transporte adaptado

O Grupo Socialista solicita que a Xunta volva asumir o custo do transporte non urxente

A iniciativa pola gratuidade do 065 debateuse a semana pasada no pleno do Parlamento de Galicia.

02/10/2018 | Santiago de Compostela

O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha iniciativa para que a Xunta de Galicia volva asumir integramente o custo do servizo de transporte non urxente para persoas en situación de dependencia, con discapacidade ou con problemas de mobilidade.

Este servizo, coñecido como 'Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia' ou, directamente, como 065 (por ser o teléfono de contacto para solicitalo), é habitualmente empregado polas persoas con dano cerebral adquirido que teñen necesidade de transporte adaptado para os seus despazamentos.

Púxose en marcha en 2007 e a finais de 2013 foi sometido a un recorte que reduciu as súas prestacións e que introduciu o copagamento en 2014. Nesa altura moitas asociacións víronse obrigadas a asumir a prestación dese servizo, que repercutiu economicamente sobre as súas persoas usuarias.

A iniciativa do PSOE, que esixe que se garanta a universalidade e gratuidade do servizo, debateuse no pleno do Parlamento de Galicia o pasado mércores 26 de setembro, pero non foi aprobada.

Arquivada en: