Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Consumer | | O dereito ao lecer das persoas con discapacidade

O lecer, un dereito para as persoas con dano cerebral adquirido

Segunda colaboración de FEGADACE coa revista Consumer, asinada por dúas profesionais de Sarela.

28/09/2021

María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, asinan a que é a segunda colaboración de FEGADACE coa revista online Consumer: unha análise do lecer como dereito das persoas con dano cerebral adquirido.

Ao longo do texto, as dúas especialistas en inclusión das persoas con dano cerebral explican a importancia do lecer para o desenvolvemento psíquico e social da persoa, enumeran as barreiras que afectan ao noso colectivo e achegan unha guía de apps e recursos para faciliar o acceso ao ocio, mesmo en tempos de pandemia.

Hermida e Parente finalizan o seu artigo expoñendo os retos para a inclusión efectiva das persoas con dano cerebral adquirido.

Este artigo é o froito dun acordo de colaboración establecido entre a revista Eroski Consumer e FEGADACE, a través do que o boletín publicará bimensualmente contidos especializados no dano cerebral adquirido.
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)