Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 18/11/2022 | #XornadaDanoCerebral 2022

O Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral protagoniza a nosa Xornada anual

O encontro, no que se entregará o 10º Premio FEGADACE-Miguel Blanco, terá lugar o 17 de decembro en Santiago.

14/12/2022 | Santiago

'A atención integral sociosanitaria como garantía de calidade de vida no dano cerebral adquirido' é o título da Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido 2022, un encontro que estará centrado na presentación do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido en Galicia, e no marco do que se fará entrega do 10º Premio FEGADACE - Miguel Blanco.

A inscrición na #XornadaDanoCerebral está aberta e pode formalizarse aquí. O encontro vai ter lugar o sábado 17 de decembro e pódese asistir presencialmente ou por streaming. As persoas que escollan participar desde a casa recibirán un correo electrónico coa información de acceso; aquelas que asistan presencialmente poderán acreditarse desde as 9:30 no Hotel Monumento San Francisco (Campiño de San Francisco, 3), en Santiago de Compostela.

Ao longo da mañá coñeceremos mellor o proceso de elaboración do Proceso Asistencial Integrado do Dano Cerebral Adquirido en Galicia, no que FEGADACE participou activamente, e saberemos como se prevé implantar por parte do Sergas. Previamente, realizarase un panorama sobre os modelos de atención ao dano cerebral actualmente existentes en España. Ademais, haberá unha mesa na de, desde sete perfís profesionais, así como desde o punto de vista da propia persoa con dano cerebral adquirido, debullarase a atención integral ao dano cerebral adquirido en Galicia.

Todos os detalles, a seguir:

09:30. REXISTRO DE PARTICIPANTES.

10:00. APERTURA E PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL.

Julio García Comesaña. Conselleiro de Sanidade.
Luciano Fernández Pintor. Presidente de FEGADACE.

10:10. Mesa 1: Modelos de atención ao dano cerebral adquirido en España.

Modera: Leticia Vila Posada. Psicóloga e Técnica de Formación de FEGADACE.

• ‘Modelos de atención pública á poboación con dano cerebral adquirido en España: un estudo da situación por comunidades autónomas’
Relatora: Alba Aza Hernández. Psicóloga, docente e investigadora (Facultade de Psicoloxía da Universidade de Salamanca). Investigadora autora do estudo ‘Modelos de Atención al Daño Cerebral en España’, promovido pola Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE).

• ‘Xustificación dunha Estratexia Nacional de Atención ao Dano Cerebral En España’
Relatora: Ana Cabellos Cano. Psicóloga, presidenta de ADACE CLM, presidenta de FEDACE e directora xeral da Fundación Tutelar de Daño Cerebral de Castilla La Mancha.

11:00. RELATORIO: ‘Implantación do Proceso Asistencial Integrado ao Dano Cerebral Adquirido en Galicia’.
Relatora: María Blanca Cimadevila. Médica e xefa de servizo de Integración Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

11:30. Pausa café.

12:00. Mesa 2: Organizando a atención integral ao dano cerebral adquirido en Galicia.


Modera: Josefina Monteagudo Romero. Médica salubrista e subdirectora xeral de Humanización e Atención á Cidadanía do Sergas

Relatorios:
1.    José Luis Maciñeiras Montero. Neurólogo, coordinador da Unidade de Ictus do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
2.    Jacobo Formigo Couceiro. Especialista en Medicina Física e Rehabilitación (CHUAC). Presidente da SOGARMEF.
3.    Lourdes Bermello López. Enfermeira da Unidade de Neuroloxía do HULA. Vogal da SEDENE.
4.    Rebeca Huerta Mareca. Terapeuta Ocupacional no HULA.
5.    Javier Sardiña Agra. Facultativo Especialista de Área Psicoloxía Clínica no CHUAC.
6.    Carmen de la Sierra. Traballadora Social. Coordinadora da Ud. de Coord. de Dependencia da Consellería de Política Social.
7.    Patricia Fernández González. Persoa con dano cerebral adquirido da asociación Sarela.
8.    Rocío García Calvo. Neuropsicóloga e Directora da asociación Sarela.

13:45. ENTREGA 10º PREMIO FEGADACE - MIGUEL BLANCO.
 
Presenta: Laura Abeledo Lameiro. Secretaria de FEGADACE
Entrega: Jesús Figueroa Rodríguez. Vicepresidente da SOGARMEF, entidade galardoada en 2021
Recolle: Javier Pitillas Torra. Fundador de Discamino, entidade galardoada en 2022

14:15. CLAUSURA DA XORNADA.

Luciano Fernández Pintor. Presidente de FEGADACE

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)