© Eroski | | Céntimos Solidarios Eroski
O programa Céntimos Solidarios Eroski recada fondos para o dano cerebral adqurido
Se doas uns céntimos ao pasar pola caixa durante o mes de xullo, destinaranse a FEGADACE e a FEAFES Galicia.
O programa Céntimos Solidarios Eroski é unha iniciativa da cadea de alimentación para facilitar a colaboración da súa clientela con diferentes causas sociais. Coas compras realizadas este mes nas tendas galegas, os consumidores e consumidoras teñen a oportunidade de colaborar coas persoas con dano cerebral adquirido realizando unha pequena doazón a FEGADACE.
Como salientan desde Eroski, "cada céntimo conta". E é que o mecanismo para colaborar é moi sinxelo: fas a túa compra e, se pagas con tarxeta, na mesma caixa vanche ofrecer a posibilidade de engadir uns poucos céntimos para a nosa causa solidaria. Así de sinxelo.
O dano cerebral adquirido e a saúde mental
O título global da campaña do mes de xullo en Eroski é 'Axuda ás persoas con discapacidade ou problemas de saúde mental'. Na web da campaña tratan de sensibilizar sobre a situación das persoas con dano cerebral adquirido, parálise cerebral, autismo ou problemas de saúde mental, uníndoas nunha soa causa de discapacidade.
Os centros galegos de Eroski van destinar a recadación dos seus Céntimos Solidarios ás persoas con dano cerebral adquirido (a través de FEGADACE) e con problemas de saúde mental (a través de FEAFES Galicia, entidade coa que compartimos espazo no CERMI Galicia ou en EAPN Galicia).
Colabora tamén online
Ademais de facilitar a doazón nas tendas, Eroski conta tamén cunha plataforma online na que podes complementar o teu apoio con novas achegas solidarias. Eroski ofrece tamén a posibilidade de coñecer máis a causa para a que recadan fondos, amosando información sobre as entidades concretas ás que se destinan os Céntimos Solidarios.
Se os centros galegos recadan para FEGADACE e FEAFES Galicia, a campaña esténdese no resto do Estado ás seguintes entidades, varias delas de dano cerebral: Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE); Asociación Dano Cerebral Adquirido Navarra, (ADACEN); Asociación Parálise Cerebral (ASPACE Araba, Bizkaia e Gipuzkoa); Asociación Dano Cerebral Adquirido (ATECE Araba, Bizkaia e Gipuzkoa); Asociación Autismo Navarra; Asociación de Dano Cerebral de Baleares (REHACER) e Saúde Mental España.
Na web explícase de que maneira se van empregar os Céntimos Solidarios, a cantas persoas se prevé que axuden, e achéganse referencias para buscar máis información nas páxinas web de cada asociación beneficiaria.