Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Técnica/o de Formación

Oferta de emprego en FEGADACE: buscamos Técnica/o de Formación

Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta.

27/10/2021 | Galicia

FEGADACE busca unha persoa licenciada, diplomada ou graduada en Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social, Socioloxía, ou afíns, para formar parte do equipo profesional da Federación durante un ano, exercendo as funcións de técnica/o de formación.

Será responsable de impulsar o deseño, execución, seguimento e xustificación do programa de formación, externa e interna, de FEGADACE. Outras tarefas serán realizar a xestión técnica e operativa dos proxectos, programas e accións de formación sobre dano cerebral adquirido para profesionais e persoas externas ao movemento asociativo, así como sobre a mellora da práctica profesional para as profesionais e persoas que conforman o movemento asociativo (5 entidades membro da FEGADACE).

Os termos de referencia, co perfil xeral do posto e os detalles a nivel académico, profesional e competencial, poden consultarse aquí. As condicións salariais e de contratación son as establecidas no XV Convenio Colectivo de Centros de Atención á Discapacidade.

As persoas interesadas poden enviar os seus currículos acompañados dunha carta de motivación a direccion@fegadace.org ata o día 21 de novembro ás 23:59, indicando no asunto "TÉCNICA/O DE FORMACIÓN_FEGADACE + NOME E APELIDOS".

O proceso de selección está aberto, e a contratación está condicionada á concesión da Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia.

Absterse candidatos/as que non cumpran os requisitos descritos nos termos de referencia do posto, así como aqueles/as que: (i) non sexan unha persoa desempregada inscrita no SPEG como demandante non ocupada e que estea dispoñible para o emprego na data de selección e contratación e (ii) estiveran contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018 (DOG nº 92, do 15 de maio), do 9 de maio de 2019 (DOG nº 98, do 24 de maio), do 12 de setembro de 2019 (DOG nº 184, do 27 de setembro) e do 31 de xullo de 2020 (DOG nº 162, do 13 de agosto), no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

Arquivada en:
Transparencia > Equipo técnico
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)