Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ARASAAC | 02/08/2022 | Logopeda

Oferta de emprego en FEGADACE: buscamos dous/dúas logopedas

Aberta ata o 22 de agosto para incorporación ao proxecto 'Rumbo', de autonomía persoal.

02/08/2022 | Santiago

En FEGADACE buscamos dous/dúas Logopedas  que se incorporarán na xestión operativa e execución de actividades propias da súa área de especialización, no marco do Proxecto 'Rumbo: Cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva', que ten entre os seus obxectivos principais, a promoción da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias residentes en zonas rurais e semiurbanas, aplicando a súa especialidade técnica como logopeda, tanto de xeito directo coma de apoio aos servizos prestados polas entidades que conforman o movemento asociativo do dano cerebral adquirido de Galicia. Formarán parte do equipo de atención sociosanitaria de proximidade para a prestación de servizos na contorna comunitaria.
 
Requisitos académicos e profesionais:
 
  • Titulado/a Universitario/a (Diplomatura ou Grao) en Logopedia.
  • Desexable formación de Pos-Grao en temáticas de Intervención Terapéutica na Discapacidade, Sistemas Alternativos e Aumentativos da Comunicación, Valoración de Afasias, Dificultades de Deglutición, Neuro-rehabilitación, Dependencia, Políticas de Intervención Social, Comunitaria,...
  • Desexable grao medio-alto de especialización no ámbito da discapacidade, prioritariamente do dano cerebral adquirido.
  • Experiencia previa demostrable, mínimo de 1 ano en posto similar, desenvolvendo funcións propias de logopedia, en entidades sociais de atención á discapacidade, dependencia, ou de índole sanitario.
  • Requirido carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo.
Ámbito de Traballo: autonómico (dúas zonas de actuación: Zona 1- Provincias de A Coruña e Lugo; Zona 2- Provincias de Ourense e Pontevedra)
 
Condicións salariais: as estipuladas en convenio colectivo vixente (XV CC Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade).
 
Duración do proxecto: Decembro de 2024
 
Xornada laboral: 30h/semanais
 
Presentación candidatura:
 
  • Enviar Candidatura e CV ao correo electrónico emprego@fegadace.org, indicando no asunto Candidatura Logopeda _ Proxecto Rumbo”.
  • Data límite de envío: 22 de agosto *Non se contemplarán candidaturas que non cheguen en tempo e de forma adecuada ou se axusten aos termos indicados nesta oferta.
  • Incorporación: a partir 15 de setembro.
 
Máis información sobre o posto aquí: Perfil do posto - Logopeda.
 

Arquivada en:
Transparencia > Equipo técnico
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)