Asemblea Xeral
Órgano de goberno e representación da Federación. Está composta polos presidentes e presidentas das asociacións federadas e polos membros da Xunta Directiva.
Reúnese, en Asemblea Xeral Ordinaria, unha vez ao ano, dentros dos catro meses seguintes ao peche do exercicio anterior. Ademais, a Asemblea Xeral Extraordinaria pode convocarse cantas veces se estime oportuno.
Xunta Directiva
Órgano de goberno e de xestión da Federación. Está composta por unha persoa representante de cada asociación federada.
A actual Xunta Directiva foi designada na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 19 de setembro de 2020 e está composta por:
![]() |
PRESIDENCIA |
Luciano Fernández Pintor | |
Empregado público e pai dunha persoa con dano cerebral. Preside FEGADACE desde 2016. É membro de Sarela. | |
![]() |
VICEPRESIDENCIA |
Luisa Ramírez Nisa | |
Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, traballa como asesora fiscal e é cónxuxe dunha persoa con dano cerebral. Representa a ADACECO. | |
![]() |
SECRETARÍA |
Laura Abeledo Lameiro | |
Completou o ensino secundario e é filla dunha persoa con dano cerebral. Forma parte de ADACE Lugo. | |
![]() |
TESOURERÍA |
Mario González Granja | |
Enxeñeiro Industrial, deseña e produce contidos e produtos dixitais. Fillo dunha persona con dano cerebral. É membro de Alento. | |
![]() |
VOGALÍA |
Berta Delfina Feijóo Ferreiro | |
Licenciada en Dereito, é profesora e nai dunha persoa con dano cerebral. Forma parte de DCA Ourense. |