Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Órganos de goberno

As entidades organízanse e toman decisións
a través dos Órganos de Goberno.
Os Órganos de Goberno de FEGADACE son:

A Asemblea Xeral

A Asemblea Xeral é un conxunto de persoas
que representan a federación
e deciden sobre os temas importantes.
Estas persoas son os presidentes e presidentas
das asociacións que forman FEGADACE
e un membro da Xunta Directiva de cada unha destas asociacións.

As persoas da Asemblea Xeral reúnense unha vez ao ano
entre os meses de xaneiro e abril.
Esta reunión chámase Asemblea Xeral Ordinaria.

Tamén se poden reunir máis veces ao longo do ano
para tratar temas concretos de interese.
Estas reunións fóra do habitual,
chámanse Asembleas Xerais Extraordinarias.

A Xunta Directiva

Está composta por un membro de cada unha das asociacións
que forman FEGADACE.
O seu obxectivo é organizar os asuntos relacionados coa federación
e tomar decisións.

A Xunta Directiva actual elixiuse o 19 de setembro de 2020
nunha Asemblea Xeral Extraordinaria.
As persoas que forman a Xunta Directiva son:
Luciano Fernández Luciano Fernández Pintor
PRESIDENTE
Traballa como empregado  púbico
e é pai dunha persoa con dano cerebral.

É presidente de FEGADACE desde 2016.
É membro da asociación Sarela.
Luisa Ramírez Luisa Ramírez Nisa
VICEPRESIDENTA
É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais
e traballa como asesora fiscal, asesorando a persoas
e empresas en temas relacionados con facenda, impostos...

Está casada cunha persoa con dano cerebral.
É membro da asociación ADACECO.
Laura Abeledo Laura Abeledo Lameiro
SECRETARIA
Terminou Educación Secundaria.

É filla dunha persoa con dano cerebral.
É membro da asociación ADACE Lugo.
Mario González Mario Gonazález Granja
TESOUREIRO
É a persoa que leva as contas da federación.
É enxeñeiro industrial.
Deseña e produce contidos
e produtos dixitais.

É fillo dunha persoa con dano cerebral.
É membro da asociación Alento.
Berta Ferreiro Berta Delfina Feijóo Ferreiro
VOGAL
É a persoa que substitúe ao presidente, vicepresidenta,
tesoureiro ou secretaria en caso que eles non poidan ir
á reunión da Xunta Directiva.
Está licenciada en Dereito e traballa como profesora.

É nai dunha persoa con dano cerebral.
É membro da asociación DCA Ourense.