Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Inclusión no emprego

Os incentivos para o emprego autónomo esténdense á discapacidade adquirida

Os e as autoempregadas con DCA terán os mesmos beneficios que o resto de persoas con discapacidade.

11/01/2019

As traballadoras e traballadores autónomos que adquiran unha discapacidade poderán acollerse ás mesmas reducións e bonificacións previstas para as persoas con discapacidade inicial dadas de alta no Réxime Especial do Traballo Autónomo (cunha discapacidade de grao igual ou superior ao 33%).

Esta modificación afecta ás persoas que estean dadas de alta, adquiran a discapacidade, e manteñan a súa actividade laboral inicial. Trátase dunha situación plenamente aplicable ás persoas que, por un ictus, traumatismo, ou calquera outra causa, pasen a ter dano cerebral adquirido e volvan ao seu traballo en réxime autónomo.

A aplicación das medidas producirase a partir do primeiro día do mes seguinte ao retorno ao traballo e solicitude dos incentivos previstos pola normativa do traballo autónomo.

A reforma do Estatuto do Traballo Autónomo está canalizada polo Real Decreto-lei 28/2018, do 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego.

Esta modificación responde a unha demanda formulada polo CERMI Estatal á ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Magdalena Valerio, nunha reunión mantida o 19 de novembro de 2018. Hai máis información na páxina web do CERMI.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > E despois que?