Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Outras entidades

FEGADACE ten acordos con outras entidades
para facer actividades conxuntas
que melloren a vida das persoas con dano cerebral.

Tamén participan en grupos e comisións de traballo
co mesmo obxectivo de representar e defender a este colectivo.

As entidades coas que FEGADACE ten acordos
para colaborar son:

Consello Asesor de Pacientes

É un organismo da Consellería de Sanidade.
A súa función é valorar as publicacións e formas de actuar
relacionadas coa sanidade en Galicia.

Este consello asesor axuda a que se escoite ás asociacións
que representan aos pacientes e ás persoas que lles coidan.

Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN)

FEGADACE e SGN asinaron en 2015 un acordo
para facer actividades e campañas de concienciación
sobre o ictus.

Os neurólogos e neurólogas de SGN participaron
na recollida de datos do proxecto chamado:
“Analizando o recoñecemento da diagnose e recursos
das persoas con DCA, medindo a cobertura
das necesidades do colectivo”.

Sociedade Galega de Medicina Física e Rehabilitación (SOGARMEF)

FEGADACE e SOGARMEF asinaron en 2020 un acordo
para colaborar entre as dúas entidades.
O obxectivo deste acordo é mellorar a calidade
da rehabilitación que reciben as persoas con dano cerebral.

Para cumprir este obxectivo, as dúas entidades ofrecen formación
ás súas persoas socias, a través de seminarios, xornadas,
cursos e conferencias.
Tamén crean informes e documentos relacionados
coa rehabilitación total das persoas con dano cerebral.

Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL)

FEGADACE e FAGAL asinaron en 2017 un acordo permanente
para colaborar entre as dúas entidades.

O sentido deste acordo baséase en que as persoas
con Alzhéimer e con dano cerebral adquirido
teñen características parecidas, en moitos casos:

• Son enfermidades que afectan o cerebro
e que aparecen ao longo da vida.

• As persoas afectadas adoitan ser dependentes.

• Cada vez hai máis persoas con estas discapacidades
porque hai máis persoas maiores entre a poboación.

• O sistema de saúde e social non están adaptados
ás necesidades actuais destes dous colectivos.

Universidade da Coruña (UDC)

FEGADACE e UdC teñen convenios de prácticas
para que o alumnado de Ciencias da Educación
e Terapia Ocupacional desta universidade
poidan facer prácticas nas asociacións da federación.

Escola Universitaria de Traballo Social (USC)

FEGADACE e USC teñen un convenio de prácticas
para que o alumnado da
Escola Universitaria de Traballo social desta universidade
poida facer prácticas nas asociacións da federación.