Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CERMI | | Inicio do manifesto en Lectura Fácil

Participamos no acto do CERMI Galicia polo Día das Persoas con Discapacidade

Terá lugar o 2 de decembro no CEGADI, en Santiago, e contará coa presenza da Conselleida de Política Social.

02/12/2021 | Santiago

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participará no acto do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) con motivo do Día Europeo e Internacional das Persoas con Discapacidade 2021.

Durante o acto, que terá lugar o 2 de decembro ás 13:00 horas no Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI- Rúa Xosé Chao Rego, s/n, Santiago de Compostela) proxectarase un vídeo conmemorativo que conta, a través de testemuños e experiencias de persoas con discapacidade, como lles gustaría ser tratadas, cunha mención especial á terminoloxía usada no artigo 49 da Constitución. Posteriormente darase lectura ao manifesto que se elaborou para conmemorar este día por parte de dúas persoas con discapacidade.

Precisamente, este ano o manifesto, elaborado polo CERMI Estatal e ao que se adheriu o CERMI Galicia, reclama a todas as formacións políticas que apoien a reforma do artigo 49 do texto constitucional porque nin a terminoloxía empregada nin o contido “están aliñados coa visión plena de dereitos humanos, que é a única abordaxe admisible en relación coa discapacidade”.

Ao acto asistirá tamén o director xeral de Maiores e Discapacidade, Fernando Abeijón, e por parte do CERMI Galicia estarán presentes o seu presidente, Luciano Fernández; e o seu secretario xeral, Carlos Fernández, acompañados de 45 persoas en representación das distintas discapacidades.
 
 

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)