Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

Polo pleno dereito á saúde no Día da Convención sobre Discapacidade da ONU

Manifesto do CERMI contra as discriminacións e excepcións e a favor dun enfoque de xénero.

03/05/2020

Hoxe, 3 de maio, conmemórase o Día da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas. Aproveitando a efeméride, o CERMI Estatal fai público un manifesto no que reivindica o "pleno dereito humano á saúde, sen discriminacións nin excepcións e con enfoque de xénero, para as persoas con discapacidade".
 
Especialmente centrado na pandemia do coronavirus, o manifesto reclama que se garanta a prestación de servizos e coidados da saúde ás persoas con discapacidade, asegurar que os servizos que funcionan en situación de emerxencia teñan en conta os dereitos das persoas con discapacidade, e facer efectiva a participación deste colectivo nos plans de reconstrución social e económica que están por vir.
 
O CERMI lembra tamén que a Convención de Dereitos das Persoas con Discapacidade é unha norma de obrigado cumprimento en España.
 
Consulta aquí o manifesto completo.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos