Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Por que doar?

As asociacións de familiares e persoas con dano cerebral adquirido xorden para suplir a carencia de recursos de atención específicos para esta discapacidade. Coa unión reivindícanse os dereitos das persoas con DCA, pero tamén se crean centros e servizos que, cada día, axudan a centos de persoas e familias proporcionándolles apoio psicolóxico, descanso, rehabilitación, inclusión ou participación na sociedade.

As persoas con dano cerebral, e todo o seu contorno, entran repentinamente nunha situación que as achega ao risco de exclusión social. Os gastos multiplícanse -necesidades médicas, protésicas e outros reforzos- e os ingresos minguan -a persoa con DCA adoita ter que deixar o seu emprego, moitas veces tamén o ten que facer a coidadora principal-.

Sustentar a estrutura de apoio a esta situación non é doado, pero que as persoas con dano cerebral poidan exercitar os seus dereitos é fundamental. Por iso a solidaridade, tamén económica, é importante.

Pódese seguir o percurso do diñeiro dunha doazón grazas á política de transparencia de FEGADACE. Ademais, a persoa ou entidade que realiza a achega ten a posibilidade acollerse a unha dedución fiscal.

IRPF 
(Persoas físicas)
Primeiros 150€ 75%
Resto 30%
Se nos dous anos anteriores se doa a mesma cantidade ou máis á mesma entidade 35%