© Baixo o mesmo paraugas | 03/12/2018 | Reivindicación polo Día da Discapacidade
Por un desenvolvemento inclusivo, que libere o potencial das persoas con discapacidade
Manifesto do CERMI Galicia polo Día Internacional e Europeo da Diversidade Funcional.
O 4 de decembro ás 9:00, o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, lerá o manifesto do Día da Discapacidade no Parlamento de Galicia. Estará acompañado por unha comitiva de representantes das entidades que compoñen o CERMI en Galicia.
MANIFESTO DO CERMI GALICIA
CON MOTIVO DO 3 DE DECEMBRO DE 2018, DÍA INTERNACIONAL E EUROPEO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Por un desenvolvemento inclusivo, que libere o potencial das persoas con discapacidade que residen en Galicia
Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización de Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea, a escala mundial e europea, e que cada ano celébrase o día 3 de decembro, o movemento social da discapacidade articulado en torno ao Comité de Entidades de representantes de persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia), como expresión do tecido cívico de dereitos humanos das persoas con discapacidade e as súas familias, fai público o seguinte
MANIFESTO
O Cermi Galicia ven reclamando dende hai tempo un espazo no que poder expresar e trasladar as súas necesidades e inquedanzas de xeito constante ante os interlocutores máis cualificados. Entendemos, coas premisas citadas, que a nosa realidade debe ocupar máis tempo, atención e prioridade no marco Parlamentario. Estamos convencidos de que, tanto o qué como a quenes representamos, merecen que este anhelo chegue a bo fin.
Igualmente, urxe o desenvolvemento normativo das leis aprobadas neste Parlamento de Galicia hai anos, como poden ser, a Lei 10/2014 de Accesibilidade de Galicia e a lei 8/2016, de 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, no apartado referido ao Concerto Social, os aprazamentos tan prolongados e inxustificados de ámbalas Leis representa unha restrición no exercicio dos nosos dereitos fundamentais.
Convencidos que a transversalidade deixou de ser, hai moito tempo xa, un mero concepto que adorna textos e declaracións de intencións variadas, débese habilitar dunha vez o tan ansiado Espazo Sociosanitario Galego, abrangue necesidades non susceptibles de ser partidas ou fraccionadas.
Neste ano no que nos atopamos, o movemento asociativo quere facer especial incidencia, paralela en todos os territorios do Estado a unha problemática especialmente subliñable na nosa terra.
- En Galicia, as mulleres e os homes con discapacidade que residen en áreas e zonas rurais constitúen un grupo poboacional numeroso, con índices de exclusión social e carencia de apoios e recursos adecuados moito maiores que os da poboación urbana con discapacidade, o que supón unha presión constante e crecente para abandonar este medio. As persoas con discapacidade e as súas familias deben ser consideradas como axentes crave no proceso de transformación do medio rural nunha contorna inclusiva, que baixo o prisma da innovación social ofreza un novo modelo de contorna sustentable e harmónica de convivencia onde todas as persoas poidan despregar o seu potencial humano.
- O movemento CERMI avoga e reclama a necesaria aprobación dunha Estratexia Autonómica de Desenvolvemento Rural Inclusivo, con vixencia para o próximo quinquenio, con enfoque de xénero, que promova, planifique, programe, coordine e canalice as accións públicas e cívicas dirixidas ás persoas con discapacidade e as súas familias, que residen na contorna rural en Galicia, a fin de mellorar a súa participación, acceso a dereitos e benestar social, favorecendo o seu arraigamento e a continuidade da poboación con discapacidade en contornas rurais que actualmente corren perigo de despoboamento e abandono. Todo iso con arranxo ao marco de referencia da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas.
- Un desenvolvemento rural inclusivo, con apoios efectivos e sen discriminacións nin exclusións fronte aos estándares urbanos, non pode entenderse sen a dimensión de xénero, que baixo un enfoque interseccional, teña presentes e dea resposta ás necesidades das mulleres e nenas con discapacidade residentes no medio rural, as máis invisibles, actualmente sometidas a índices máis elevados de exclusión, pobreza e violencia, así como das mulleres coidadoras de persoas con discapacidade. É absolutamente preciso promover desde a sociedade civil organizada actuacións de empoderamento das mulleres con discapacidade residentes no mundo rural, dirixidas a lograr que ningunha quede atrás.
- As políticas públicas deben potenciar a procura e xeración de novos xacementos de emprego no mundo rural, incluído o emprendemento, que permitan a creación de riqueza nesta contorna, en clave de sustentabilidade que combine as oportunidades da economía verde coa dimensión inclusiva na creación de emprego digno e de calidade e na transformación da contorna rural para facelo acolledor e amigable coas persoas con discapacidade.
3 de decembro de 2018
CERMI Galicia