© FADEMGA Plena Inclusión Galicia | 18/02/2021 | Portada da adaptación a lectura fácil do Plan Galego de Vacinación
Preguntas frecuentes sobre a vacinación da COVID-19 en lectura fácil
FADEMGA Plena inclusión Galicia adapta os principais contidos do plan de inmunización da Xunta de Galicia.
FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de adaptar a lectura fácil o 'Plan Galego de Vacinación fronte á COVID-19', co obxectivo de facer accesible esta información ás persoas con maiores dificultades de comprensión.
O documento explica a que persoas vacinarán primeiro ou en que consiste a vacina e inclúe respostas a preguntas frecuentes como: por que é importante vacinarse? é obrigatorio vacinarse? ou, ten efectos secundarios a vacina?
Así mesmo, o devandito documento foi revisado polo grupo de validadores con discapacidade intelectual da Federación para garantir que a información fose axeitada para persoas con diferentes niveis de comprensión lectora.
A lectura fácil é unha metodoloxía parar crear documentos máis fáciles de entender, que beneficia a todas as persoas, pero é aínda máis necesaria para persoas con dificultades de comprensión como as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, maiores con deterioro cognitivo ou persoas con problemas de saúde mental.

- Descarga aquí o documento sobre preguntas frecuentes da vacinación en galego
- Descarga aquí o documento sobre preguntas frecuentes da vacinación en castelán
- Descarga aquí o Plan Galego para a Vacinación da Xunta de Galicia
- Consulta aquí os vídeos que responden ás principais dúbidas sobre a vacina elaborados pola ACIS
- Descarga aquí o posicionamento sobre accesibilidade cognitiva de FADEMGA Plena inclusión Galicia, dentro da campaña #AccesibilidadeCognitivaXa