Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | 28/12/2020 | Vacina COVID19

Presentación do Plan de Vacinación contra a COVID-19 en Galicia

FEGADACE participou na xuntanza do Consello Asesor do Paciente, presidida polo Conselleiro de Sanidade.

28/12/2020

O pasado martes, 22 de decembro, a Federación Galega de Dano Cerebral, a través da súa directora, Begoña Hermida, participou na xuntanza do Consello Asesor do Paciente na que se presentou o Plan de Vacinación contra a COVID-19 en Galicia. A xuntanza, presidida polo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, contou coa participación do Xerente do SERGAS, José Flores; a Subdirectora Xeral de Atención ao Paciente e Humanización, Josefina Monteagudo; e a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

A vacina que recibiu a autorización da Axencia Europea do Medicamento é a de Pzifer Biotech. O proceso de vacinación comezou onte nunha residencia de Santiago de Compostela, e terá unha primeira fase de administración con catro grupos de destino:

  • Residentes de centros de persoas maiores ou grandes dependentes
  • Profesionais socio-sanitarios de centros de atención a persoas maiores ou grandes dependentes.
  • Sanitarios traballando en primeira liña contra a COVID-19
  • Persoas cun grado 3 de dependencia, con necesidade intensa medidas de apoio e que non estean institucionalizadas.

As residencias sociosanitarias recibirán a vacina no propio centro por parte de profesionais de enfermería da Atención Primaria de Galicia colectivo no que recaerá a administración da mesma en todas as súas fases. No caso dos centros de día situados nos mesmos lugares que os centros residenciais, na primeira fase vacinaranse a todas as profesionais sociosanitarias, mentres que as persoas usuarias que non teñan grado 3 de dependencia recibirán a vacina nunha seguinte fase. Así mesmo, no caso de centros de día que non comparten profesionais con residencias, tanto profesionais como persoas usuarias que non teñan grado de dependencia 3, convocaranse na fase 2.

Nas seguintes fases, atenderase a uns criterios aínda por especificar pero que será, en todo caso, a persoas maiores de 16 anos. Ademais, haberá un rexistro sobre a administración da vacina en todas as súas fases, co fin de asegurar a trazabilidade da mesma.

 

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19