Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Unha das intervencións da Xornada sobre o Dano Cerebral

Presentamos os contidos completos da Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido

Seis pezas audiovisuais reúnen as mesas e relatorios, así como a entrega do Premio FEGADACE – Miguel Blanco.

22/12/2022 | Online

A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido tivo lugar o pasado 17 de decembro en Santiago de Compostela e serviu para coñecer o Proceso Asistencial Integrado do DCA en Galicia e para entregar o 10º Premio FEGADACE - Miguel Blanco a Discamino, baixo o título 'A atención integral sociosanitaria como garantía de calidade de vida no dano cerebral adquirido'.
 
Presentamos agora os vídeos completos para recuperar calquera aspecto de interese das mesas e relatorios, así como para facilitar o acceso aos contidos das persoas que non puideron asistir. Tamén se poden atopar na canle de FEGADACE en Youtube.
 
Apertura e presentación institucional.
Julio García Comesaña. Conselleiro de Sanidade.
Luciano Fernández Pintor. Presidente de FEGADACE.
Mesa 1: Modelos de atención ao dano cerebral adquirido en España.
Modera: Leticia Vila Posada.
• ‘Modelos de atención pública á poboación con dano cerebral adquirido en España: un estudo da situación por comunidades autónomas’. Alba Aza Hernández.
• ‘Xustificación dunha Estratexia Nacional de Atención ao Dano Cerebral en España’. Ana Cabellos Cano.
Relatorio 'Implantación do Proceso Asistencial Integrado ao Dano Cerebral Adquirido en Galicia'.
María Blanca Cimadevila. Médica e xefa de servizo de Integración Asistencial da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.
Mesa 2: Organizando a atención integral ao dano cerebral adquirido en Galicia.
Modera: Josefina Monteagudo Romero.
Relatorios: José Luis Maciñeiras Montero, Jacobo Formigo Couceiro, Lourdes Bermello López, Rebeca Huerta Mareca, Javier Sardiña Agra, Carmen de la Sierra, Patricia Fernández González e Rocío García Calvo.
Entrega do 10º Premio FEGADACE - Miguel Blanco.
Presenta: Laura Abeledo Lameiro. Secretaria de FEGADACE.
Entrega: Jesús Figueroa Rodríguez. Vicepresidente da SOGARMEF, entidade galardoada en 2021.
Recolle: Javier Pitillas Torra. Fundador de Discamino, entidade galardoada en 2022.
Clausura.
Luciano Fernández Pintor. Presidente de FEGADACE.
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Divulgación de coñecemento
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)