O importante é chegar ben: Camiñando Polo Dano Cerebral
FEGADACE quere acompañar aos peregrinos e peregrinas na súa andaina a Compostela. O importante é chegar, pero tamén chegar ben, e gozar do camiño. Por iso presentamos unha serie de consellos e actividades que subliñan que "o importante é chegar ben":
Dámosche a benvida ao Camiño de Santiago!
Neste vídeo atoparás unha serie de importantes consellos para a prevención do dano cerebral adquirido durante a túa andaina a Compostela.
Conta con subtítulos en castelán e en inglés para todas as persoas visitantes!
Lembra que en caso de accidente ou de detectar calquera dos 3F podes chamar ao 112 ou ao 161.
|
Consellos para a prevención do dano cerebral no Camiño de Santiago |
|||
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Camiñando polo dano cerebral: actividades de sensibilización |
|||
![]() |
![]() |
||
Ciclo de charlas en concellos do Camiño de Santiago |
|||
O ciclo de charlas desenvólvese entre os meses de xuño e setembro de 2021 en diferentes concellos situados ao longo dos camiños a Compostela. A programación pódese consultar na Axenda. |
Financiamento: Axencia de Turismo de Galicia
Execución: 2021
O dano cerebral: prevención, causas e secuelas
![]() |
![]()
Este folleto informa das principais causas e consecuencias do dano cerebral adquirido, con especial atención ao ictus. Detalla os síntomas de alarma do que é a principal causa do dano cerebral, resumidos nos 3 F:
Descarga aquí o folleto: O dano cerebral adquirido
|
Financiamento: Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF
|
Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido (II)
![]() |
![]() |
Pódese descargar o folleto en pdf premendo aquí: Ictus, a principal causa do dano cerebral | |
![]() |
Cartel e folleto nos que se subliña a necesidade de coñecer os síntomas de alarma do ictus para a prevención do dano cerebral adquirido. Recibir o tratamento nas catro primeiras horas desde que se produce o ictus é fundamental para evitar a cantidade e intensidade das súas potenciais secuelas. Estas, cando se cronifican, constitúen o dano cerebral adquirido. Así, perante os seguintes síntomas, cómpre actuar canto antes chamando ao 112 ou ao 061:
FEGADACE distribuíu 600 carteis e 8.000 folletos nos centros de saúde, hospitais e locais socioculturais das áreas sanitarias da Coruña e de Santiago. |
Financiamento: Deputación da Coruña
|
Ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido (I)
O ictus é a principal causa do dano cerebral adquirido; unha verdadeira urxencia médica. Cómpre acudir rapidamente ao hospital para administrar o tratamento canto antes porque "o tempo é cerebro".
Se detectas calquera dos síntomas de alarma que explicamos no vídeo en ti ou noutra persoa, chama canto antes ao 112 ou ao 061. |
|
Financiamento: Deputación da Coruña
|
Eu podería ter dano cerebral
FEGADACE quixo facer á poboación tomar conciencia da principal particularidade do dano cerebral como discapacidade: o feito de ser adquirida, de que se pode presentar na vida de calquera persoa en calquera momento.
A Federación estreitou lazos coas súas entidades colaboradoras, financiadoras e amigas chamando a persoas que forman parte delas para afirmaren neste vídeo que "calquera pode ter dano cerebral".
|
|
Financiamento: Deputación da Coruña
|