Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Ministerio de Sanidade | | Fragmento da portada da Guía de Axudas Sociais a Familias

Publicada a 'Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias' de 2019

O Ministerio de Sanidade e Benestar Social actualiza o documento todos os anos cos novos recursos.

04/07/2019

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social vén de facer pública a última versión da 'Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias', correspondente a 2019. Este documento renóvase cada ano para actualizar os recursos e contactos dispoñibles.

Entre outros recursos, inclúe un capítulo de axudas para as familias con persoas en situación de dependencia, como a protección específica para persoas coidadoras non profesionais, prestacións de Asistencia Persoal ou a Oficina de Atención á Discapacidade.

Tamén recolle axudas en materia de vivenda, actividade culturais, deportivas e de lecer, emprego, Seguridade Social, etc.

Máis información na páxina web do Ministerio de Sanidade.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > Familias e persoas coidadoras