Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Porta aberta

Publicadas as novas instrucións do comité clínico para residencias e centros de día

Estaba previsto que ADACECO, ADACE Lugo e Sarela abriran esta semana; ao final será a partir da próxima.

18/09/2020 | A Coruña | Lugo | Santiago

ADACECO, ADACE Lugo e Sarela non puideron cumprir co anuncio de reapertura dos seus centros de día xa que esta dependía das novas instrucións do comité clínico, que non se publicaron ata onte a última hora do día, e que entraron hoxe en vigor. As tres asociacións agardan arestora recibir das respectivas áreas sanitarias información en relación aos indicadores que determinan o grao de risco en cada zona, do cal depende o tipo de medidas adicionais para garantir unha apertura segura o antes posible.

Mantense a obriga do cumprimento das medidas xerais xa adoptadas polos centros desde o mes de xullo e inclúense outras específicas ordeadas en dúas liñas: por unha banda, en función do tipo de centro e destacando a recomendación do establecemento de grupos de convivencia reducidos e, pola outra, en función do nivel de risco de aparición dun gromo, determinando tres niveis de risco.

Os niveis de risco gradúanse en función da situación epidemiolóxica de cada localidade e da que cada área sanitaria informará. A recomendación, cando o risco é medio, é non realizar actividades grupais agás en grupos de convivencia estable de ata 10 persoas. Se o risco é alto, recoméndase evitar a asistencia ao centro das persoas maiores de 65 anos. No caso dos centros ocupacionais rexen as mesmas medidas, agás que a limitación de asistencia cando o risco é alto elévase aos 75 anos.

As entidades agardan a información sobre o nivel do risco de cada zona que cada área sanitaria lles facilitará nas próximas horas. Determinado o risco, implántanse as medidas e posibilítase a apertura do centro.

Visitas a residencias

As instrucións do comité clínico ordenan tamén as visitas a residencias. O seu número de visitantes e frecuencia variará en función do nivel de risco, e só poderán realizarse mediante cita previa.

Hai máis información na páxina web da Xunta.

Consulta nesta ligazón as medidas específicas publicadas polo goberno da comunidade autónoma.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19