Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 22/07/2021 | 'Punto e seguido' no CHUS

A mostra 'Punto e seguido' chega en agosto ao Hospital Clínico de Santiago

A colección de fotografías, de Aigi Boga, mostra o día a día das persoas con dano cerebral.

02/08/2021 - 31/08/2021 | Santiago

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' poderá verse no Hospital Clínico de Santiago durante todo o mes de agosto, do 2 ao 31.
 
FEGADACE colabora coa EOXI de Santiago par colocar a exposición no hall do hospital de referencia na capital de Galicia e sensibilizar sobre a prevención e consecuencias do dano cerebral. A mostra, con imaxes do fotógrafo compostelán Aigi Boga, amosa como é o día a día das persoas con dano cerebral nas asociacións de FEGADACE.
 
Lugar de celebración:

Hall do Hospital Clínico de Santiago
 
Horario: 24 horas

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)