Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 09/07/2021 | 'Punto e seguido' no Grove

A mostra 'Punto e seguido' poderá verse no Grove entre o 15 e o 29 de xullo

A colección de fotografías, de Aigi Boga, mostra o día a día das persoas con dano cerebral.

15/07/2021 - 29/07/2021 | O Grove

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' poderá verse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do Grove do 15 ao 29 de xullo. A mostra, con imaxes do fotógrafo compostelán Aigi Boga, amosa como é o día a día das persoas con dano cerebral nas asociacións de FEGADACE.
Lugar de celebración:

Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
O Grove
 
Horario:
Luns-venres
09:00-14:30
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)