Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Que é FEGADACE

Apoio e axuda despois do DCAÉ a Federación Galega de Dano Cerebral creada en 2007
polas cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido:

• ADACECO na Coruña
• ADACE en Lugo
• Alento en Vigo
• DCA Ourense
• Sarela en Santiago

O obxectivo de FEGADACE é defender os dereitos das persoas
con dano cerebral adquirido, mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.
Tamén, quere implicar á sociedade e ás institucións
para que colaboren coas persoas con esta discapacidade
e sexan máis sensibles ás súas necesidades.

FEGADACE é unha organización privada, independente,
que non pertence ao Goberno, a ningún partido político nin relixión.

As principais actividades de FEGADACE son:
• Apoiar ás entidades que traballan con persoas
con dano cerebral adquirido e as súas familias.
• Investigar, informar e formar sobre o dano cerebral adquirido.
• Crear e desenvolver programas e proxectos para as entidades
que traballan con persoas con dano cerebral e as súas familias.
• Recadar diñeiro para proxectos da Federación.
• Representar ás persoas con dano cerebral adquirido.
 

Persoas que forman FEGADACE
 

  ADACECO ADACE LUGO ALENTO DCA OURENSE SARELA TOTAL
Profesionais 18 9 55 9 32 123
Persoas socias 459 236 268 245 719 2.017
Persoas socias
con dano cerebral
adquirido
265 124 201 83 534 1.207
Voluntariado 3 2 21 6 16 48