O dano cerebral adquirido (DCA) é unha lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que naceron sen dano ningún no cerebro. Esta lesión pode estar causada por unha enfermidade (ictus, tumor cerebral, anoxia, doenza metabólica...) ou por un traumatismo cranioencefálico (motivado por un accidente de coche, laboral, un golpe, unha caída...).
Incidencia
Número de casos novos de DCA que se producen ao ano nunha poboación determinada (Galicia e España). Datos baseados en cifras recollidas en 2010-2012.
ICTUS | TRAUMATISMO | ANOXIA | TOTAL | |
GALICIA | 6.386 | 453 | sen datos | 6.839 |
ESPAÑA | 99.284 | 4.937 | 481 | 104.697 |
Prevalencia
Proporción de individuos dunha poboación que presentan unha característica determinada nun período concreto (datos de 2010-2012).
ÁMBITO | HOMES | MULLERES | TOTAL | |
TOTAL | GALICIA | 16.602 | 19.154 | 35.756 |
ESPAÑA | 199.733 | 220.332 | 420.065 | |
TAXA POR MIL | GALICIA | 12,6 | 13,6 | 13,1 |
ESPAÑA | 8,9 | 9,7 | 9,3 |