Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Fragmento dun dos folletos

Que problemas de saúde oral pode ter unha persoa con dano cerebral adquirido?

Editamos dous folletos con información para familiares e para profesionais da odontoloxía.

24/11/2020 | Santiago

Como se debe abordar a hixiene oral dunha persoa con dano cerebral? Que coidados específicos debe recibir? Cando se debe acudir ao/á dentista?

FEGADACE e a Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais (UPNE) da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) elaboraron dous folletos nos que responden a estas e outras preguntas.

O primeiro deles está dirixido a persoas con dano cerebral adquirido e familiares; o segundo, máis técnico, dá recomendacións e referencias aos profesionais da odontoloxía a nivel de tratamento, anestesia, avaliación de riscos... Pódense consultar a continuación:

Información para familiares e persoas con dano cerebral

Exterior do folleto sobre saúde oral para persoas con DCA

Interior do folleto sobre saúde oral para persoas con DCA

Información para profesionais da odontoloxía

Exterior do folleto sobre saúde oral para odontólogos/as

Interior do folleto sobre saúde oral para odontólogos/as

 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)