Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ACIS | | Vídeos sobre a vacina e a súa campaña de administración

Queres coñecer mellor a vacina anticovid-19 e o plan para administrala en Galicia?

A Xunta anunciou que entre o 10 e o 12 de febreiro comezará a vacinación do persoal dos centros de día.

19/01/2021 | Galicia

Como funciona a vacina fronte á COVID-19? Que eficacia ten? Como se administra? Poden vacinarse nenas e nenos, embarazadas, persoas con alerxias, mulleres lactantes...? Estas e outras preguntas teñen resposta nunha serie de vídeos publicados pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), do Sergas, para facilitar o acceso de toda a cidadanía a unha información sinxela e veraz sobre a vacina e a súa administración en Galicia.

Parte dos vídeos están dirixidos á poboación xeral, e outra parte a profesionais implicados tanto na organización como na execución da campaña. As respostas ás cuestións xerais, de interese cidadán, proporciónaas Federico Martinón Torres, que é xefe do servizo de Pediatría do CHUS e coordinador do centro colaborador da OMS en seguridade vacinal. Poden consultarse na canle da ACIS en Youtube.

Campaña de vacinación

Por outra banda, a Xunta anunciou como vai continuar a loxística da vacinación. A partir de entre o 10 e o 12 de febreiro vaise iniciar a inmunización do persoal sociosanitario dos centros de día, polo que será a quenda dos equipos profesionais das asociacións de FEGADACE (no caso de Alento, xa foi vacinado o equipo da residencia).

Xunto co persoal dos centros de día vaise inmunizar a profesionais sanitarios dos servizos que non están na primeira liña e a traballadoras e traballadores do Servizo de Atención ao Fogar. A continuación, no mes de marzo, será a quenda das persoas grandes dependentes.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19